Lugo 27 de febreiro de 2013.- Novas Xeracións da provincia de Lugo a través do seu presidente, Daniel Vega, amosou o seu rexeitamento á actitude de falta de compromiso e as falacias vertidas polos dirixentes de Galiza Nova na Mariña.
O presidente provincial asegurou que feitos obxectivos e iniciativas promovidas polos populares contrapoñen a actitude dos populares de “compromiso e traballo” fronte a accións dos nacionalistas dirixidas simplemente ao “ataque e a mentira”, como veñen de poñer de manifesto coas declaracións vertidas en prensa en relación a NN.XX. de Barreiros.
O dirixente popular lamenta que mentres uns se centran en dar resposta aos mozos desempregados, sendo unha das máximas preocupacións de NN.XX., outros parecen esquecerse dos antecedentes que conlevaron esta situación.
Tras dúas lexislaturas de goberno socialista, compañeiros de goberno dos nacionalistas; España vive a crise económica, social e institucional máis grave a da súa historia recente, cunha taxa de desemprego xuvenil dramática.
Ante esta situación, NN.XX. traballou e ségueo a facer da man doutras organizacións e dos representantes en Parlamentos Autonómicos e Nacionais para conseguir articular instrumentos que freen a destrución do emprego xoven, apostando polo autoemprego e a formación como principais vías para a creación de emprego, estable e de calidade.
O presidente provincial Daniel Vega puxo como exemplo actual de traballo as reunións que está a manter xunto con OPA Galicia para tratar as inquietudes dos mozos autónomos.
Un goberno comprometido
“Aínda que semella que a moitos lles está a pesar, é un feito o compromiso do goberno nacional de Mariano Rajoy para inverter esta situación de desemprego e a súa aposta pola xuventude “, explica o mozo popular.
Polo tanto, Vega lembra de novo a creación dun Fondo Novo para impulsar o emprego xuvenil que se dotará con 6.000 millóns de euros “un éxito para España e o conxunto de Europa”, ao tempo que volve a manifestar a súa satisfacción pola batería de medidas enmarcadas dentro da Estratexia para ao Emprendemento e o Emprego dos Mozos.
Entre elas o popular citou unha serie delas dirixidas aos menores de 30 anos, como son unha tarifa plana á Seguridade Social de 50 euros, durante os seis primeiros meses; a compatibilidade por desemprego co inicio dunha actividade por conta propia; ou o feito de que mentres que a taxa de paro non se sitúe por debaixo do 15%; o Goberno Central prevé incentivar mediante a redución da cota da empresa á Seguridade Social. A estas medidas, Vega engádelle a contratación a tempo parcial con vinculación formativa para os menores de 30 anos ou a creación dunha modalidade de contrato temporal, “primeiro emprego para os mozos”, con incentivos a súa transformación en indefinido e outorgaranse incentivos ao contrato en prácticas para o primeiro emprego.
Polo tanto, os populares están a impulsar formulas para fomentar o emprego; e que os socialistas e os nacionalistas mentres tiveron responsabilidades de goberno non conseguiron levar a cabo con éxito.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



