O Partido Popular de A Pontenova está a recibir fortes críticas dos usuarios das escolas deportivas municipais e da escola de teatro pola aprobación no último pleno das respectivas Ordenanzas para establecer as taxas pola prestación destes servizos que ata o de agora viñan sendo gratuitos. E as protestas se centran non tanto polas cuantías xa que moitos entenden que para ter os servizos hai que colaborar para mantelos senon polo feito de ser inxusto e discriminatorio xa que non existe ningún tipo de bonificación, o que conleva que para aquelas actividades nas que participen varios membros da mesma familia, e sobre todo tendo en conta a situación económica que estamos a vivir, non existe ningunha bonificación e ademais tampouco se contempla ningunha polo nivel de ingresos da unidade familiar, discapacidade, etc., polo que pagarán igual aqueles que teñan uns ingresos de 600 € ao mes como os que perciban 2000 € ao mes.
Por outra banda tamén no sector comercial e empresarial vese con preocupación as novas taxas aprobadas polo goberno local, concretamente a que regula a realización de actividades administrativas con motivo da apertura de establecementos e a de ocupación de terreos de uso público con mercaderías, materiais de construcción, escombros, vaias, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas. Os comerciantes e empresarios de A Pontenova fannos chegar o seu malestar non só polo tema económico, que tamén, se non porque parece que en vez de intentar favorecer a reactivación da economía local o único que se fai e cada vez poñer máis “medidas disuasorias” e poucas facilidades e rapidez na resolución dos trámites de competencia municipal. O PP estuvo en contra destas novas taxas municipais porque xeran máis trabas que beneficios para o emprendemento do sector comercial e industrial do noso Concello.

















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



