A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña cualificou de éxito a concentración convocada o pasado sábado en Burela en demanda dunha área de xestión integrada propia para a comarca, investimentos reais para a ampliación e mellora do Hospital da Costa e un compromiso firme da administración coa sanidade pública que evite a súa privatización. Dende a Plataforma lamentaron as provocacións de algúns asistentes ao congreso do Partido Popular que provocaron indignación na xente que aínda así mantivo unha actitude ruidosa pero pacífica. Preguntáronse onde está a austeridade do PP ante o espectacular despregue de forzas de seguridade que cualificaron de irritante en algún momento e lamentaron o resultado dun ferido que tivo que recibir asistencia sanitaria. Para a Plataforma o mais lamentábel é a incomprensión diante das demandas sociais tanto do Presidente da Xunta como dalgún dirixente provincial e o alcalde de Burela que seguen atizando a indignación social con novas promesas sen contido e o desprezo ante unha demanda social maioritaria da sociedade mariñá.
Agradecemento á sociedade polo apoio á convocatoria e satisfacción polo seu resultado ao superar as expectativas previstas nun primeiro momento.
Para a Plataforma a sociedade mariñá sabe o que nos xogamos e respondeu con civismo a unha protesta que tiña tres demandas fundamentais: unha área de xestión integrada propia para a comarca, a ampliación e mellora do Hospital da Costa e un compromiso firme da administración coa sanidade pública que evite a súa privatización. “Consideramos a que protesta foi enérxica e ruidosa pero pacífica e evidenciou que as mais de 2000 persoas que asistiron foron un reflexo do sentir da comarca nunha convocatoria comunicada con escasos catro días de antelación.”
Os anuncios de Feijóo para licitar a ampliación do hospital son unha nova farsa e un engano á cidadanía.
A Plataforma anunciou, como xa se manifestou en días pasados, que a concentración do sábado non foi o punto e final senón que seguirán traballando na defensa da sanidade pública en xeral e na mariña en particular. Neste sentido advertiron que o anuncio de Núñez Feijóo para a licitación da ampliación do Hospital da Costa neste mes “non é mais que un novo engano xa que licitar non significa executar, poden pasar meses e anos cun proxecto licitado e sen executar”, abundando neste anuncio afirmaron que “se Feijóo tivera un compromiso firme con esta actuación teríao dotado economicamente nos orzamentos da Xunta para 2013, cousa que non fixo nin quixo facer ao rexeitar emendas que ían nesa dirección” e por tanto “estamos diante dunha nova farsa e do sexto compromiso do Presidente cara á galería.”
En calquera caso seguimos mantendo que o que se agardaba de Feijóo o pasado sábado era o anuncio da creación da área de Xestión Integrada da Mariña, cousa que non fixo e por tanto desaproveitou unha ocasión marabillosa para dar unha boa noticia que sen dúbida aplaudiriamos.
Criticaron a negativa do presidente da Xunta a recoller o manifesto que intentaron entregar ”incluso poñéndose en contacto con algún dos asistentes ao congreso e comprometendo a disolución da concentración á entrega do documento pero só atopamos indiferenza”.
Dende a chegada do goberno de Feijóo á Xunta, entre 2010 e 2013 houbo un recorte no orzamento do Sergas de máis de 284 millóns de euros, o Hospital da Costa no mesmo período perdeu 4,6 millóns, en asistencia primaria á provincia recortáronselle 29,9 millóns mentres pola contra, o financiamento de hospitais privados concertados na provincia de Lugo subiu 1,4 millóns en relación ao orzamento de 2010. Cabe preguntarse por tanto si a aposta do goberno Feijóo é pola sanidade pública ou pola privada como están a facer outras comunidades do seu mesmo signo político.
Mobilización social útil que chocou coa prepotencia e a provocación dalgúns asistentes ao congreso popular que indignaron aos concentrad@s.
Con todo, afirmaron que “a mobilización social foi útil e fixo ao goberno popular mover algunha ficha aínda que queden moitas pendentes”, nesta liña manteñen que as declaracións do flamante presidente do partido en Lugo “non van na boa dirección” xa que sigue defendendo a área de xestión integrada e “non aclara si vai ser provincial ou comarcal”.
Para a plataforma outras declaracións publicadas nos medios de comunicación polo alcalde de Burela e o secretario provincial do PP, Barcia e Balseiro, “non merecen mais que desprezo xa que insultan aos centos de persoas que se concentraron con enerxía pero pacificamente” e “só buscan embarrar e desvirtuar unha demanda que eles mesmos se encargan de atizar”. Na mesma liña preguntáronse si “non serían estes mesmos atizadores os que animaron a militantes populares asistentes ao congreso á provocación con constantes cortes de manga e lanzamento de moedas aos afectados polas preferentes.” Para o colectivo González Barcia e Balseiro confúndense, “se o PP tiña algunha reserva para xantar en Burela ninguén lle quitou de facelo e moito menos xubilados, matrimonios con fillos ou sanitarios armados con potas e tixolas”.
Por último cualificaron de excesivo e desproporcionado o despregue policial “que axudou a quentar algúns ánimos pero en xeral houbo unha actitude ruidosa e contundente pero pacífica”, a xente en ningún momento superou as vallas do búnker no que converteron a Casa da Cultura de Burela”, lamentaron o exceso de celo en algún momento e a existencia dun ferido “que podería terse evitado” e tivo que recibir asistencia no Hospital da Costa. Para a plataforma “resulta curioso comprobar a austeridade e a ausencia de recursos dos xestores populares coa sanidade pública e os excesos e falta de control no gasto público cando eles son os protagonistas e poñen unha barreira policial entre eles e a cidadanía”.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



