Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Foz, na Xunta de Voceiros celebrada na tarde noite de onte, insistimos na defensa das nosas propostas na negociación dos presupostos municipais para o 2013 e, a maiores, solicitamos que se inclúa unha partida inicial destinada á expropiación de terreos para a construción da nova EDAR do Concello.
Anteriormente, na Xunta de Voceiros e tamén no Pleno, a través dunha moción, xa esiximos o abono aos traballadores municipais das consecuencias económicas derivadas da aprobación definitiva da Relación de Postos do Traballo do Concello de Foz, en cumprimento do acordo plenario de data 25 de febreiro de 2010, e continuamos insistindo neste pago, baseándonos en que é unha débeda que o Concello de Foz ten contraída cos seus traballadores, a práctica totalidade dos cales, cómpre recordar, que son “mileuristas” ou incluso o seu salario non alcanza nin sequera os mil euros mensuais. Ademais, dende o Grupo Socialista focense, consideramos que os traballadores da Administración Pública en xeral e, polo tanto, tamén os do noso Concello, xa veñen de sufrir unha baixada de entorno a un 5% do seu soldo e a recente supresión da paga extra de Nadal, e non é xusto que as consecuencias da crise económica recaian unha vez máis sobre eles.
En relación a este asunto, puntualizar que o noso Grupo Municipal considera que o abono de dita actualización é procedente a pesar do previsto na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013, pois, é evidente que nos atopamos ante un suposto excepcional e xustificado, dado que o acordo plenario polo que se aproba a Relación de Postos de Traballo do Concello de Foz reviste a peculiaridade de ser de data (25 de febreiro de 2010) notablemente anterior á citada norma, con independencia de que no mesmo se prevea a aplicación progresiva das súas consecuencias económicas durante os catro anos seguintes á súa aprobación, e, polo tanto, o seu incumprimento causaría un gravame aos traballadores incluídos na RPT de imposible reparación, dado que estamos a falar duns dereitos xa adquiridos. Sen esquecer que, no seu día, os Informes de Secretaría e Intervención Municipais ao respecto xa contiñan certos reparos en relación a dita aplicación progresiva das consecuencias económicas derivadas da aprobación da RPT. Fundamento (o do artigo 22.2º da Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013) que, por outra parte, de empregarse en relación a este asunto, se podería considerar de dubidosa constitucionalidade a tenor do artigo 9.3 da Carta Magna que establece “a irretroactividade das disposicións sancionadoras non favorables ou restritivas de dereitos individuais”. Na mesma liña, interesamos a coherencia respecto ao acontecido o pasado ano 2012, cando, baixo unhas circunstancias e un contexto legal practicamente idéntico, se xustificou a existencia de dita excepcionalidade para proceder ao pago da suba correspondente por dito concepto.
Así mesmo, dende o Grupo Socialista de Foz seguimos reclamando a posta en marcha dun Plan de Emprego de carácter municipal, que sirva para reforzar aqueles servizos do Concello que na actualidade non contan con suficiente persoal, permitindo a creación de emprego directo, en aras a evitar a privatización e a contratación de empresas privadas para a realización de traballos que dende sempre se levaron a cabo por traballadores municipais, como é o caso da xardinería.
Ademais, solicitamos que as bases de selección para este Plan de Emprego sexan consensuadas nunha Xunta de Voceiros, e nas mesmas se priorice ás persoas e familias que estean a atravesar unha situación de maior dificultade económica, tendo en conta criterios como o número de membros en paro por unidade familiar e as cargas familiares.
Finalmente, sinalar que, na Xunta de Voceiros celebrada onte, o noso Grupo tamén solicitou a inclusión dunha partida inicial destinada á expropiación de terreos para a construción da nova EDAR, coa finalidade de deixar constancia de que pola nosa parte existe vontade para solucionar os problemas de depuración que existen actualmente en Foz, pero na actualidade non se conta con ningún tipo de consignación orzamentaria para dito proxecto.
En definitiva, dende o Grupo Municipal Socialista de Foz, insistimos nas nosas propostas, centradas na creación de emprego e na defensa dos dereitos dos traballadores, coa finalidade de tratar de consensuar uns Presupostos Municipais nos que se inclúan estas iniciativas, que consideramos prioritarias, en detrimento doutros gastos que consideramos menos importantes, coma o investimento de miles de euros na contratación dunha empresa externa para levar a cabo labores de xardinería no Concello, como sucedeu o pasado ano, ou as partidas de gastos para festas.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



