Os populares amosan a súa perplexidade logo de que a Xunta de Persoal do centro se pronuncie contraria a ampliar o hospital ou a mellorar os seus servizos.
A Mariña, 12 de marzo de 2013.- O Partido Popular da Mariña saíu ao paso das críticas efectuadas pola Xunta de Persoal do Hospital da Costa en relación coa oportunidade que lle brinda a xestión integrada para ofertar en Burela o servizo de tratamentos de quimioterapia para enfermos de cancro, sen necesidade de ter que desprazarse ata Lugo.
Os populares sosteñen que o hospital da Costa dispón dunha capacidade resolutiva e dunha capacitación dos seus profesionais que aínda se verá ampliada e polo tanto que
que permitirá asumir esta prestación con total garantía de calidade e seguridade, sempre co seguemento que é preceptivo por parte do Servizo de Oncoloxía Médica. Desde o PP dixeron que incluso agora mesmo xa está a tratar a estes pacientes no hospital, pero a novidade radica en que agora os doentes non terán que desprazarse fóra (ata Lugo) para recibir o tratamento médico.
ASÍ ACONTECEU EN VERÍN E VALDEORRAS
Desde o PP sosteñen que efectivamente, a posta en marcha de tratamentos quimioterápicos esixe de espazo –a resolver no momento en que se amplíe o centro-, de formación e de capacitación, e esixe dunha selección de pacientes axeitada; que son os mesmos requerimentos cos que se puxo en práctica esta prestación nos hospitais de Valdeorras e de Verín, logo da aplicación da xestión integrada, centros nos que xa se está a dispensar este tipo de atención sen necesidade de que moitos pacientes teñan que desprazarse ata as súas respectivas capitais.
A XUNTA DE PERSOAL EN CONTRA DAS MELLORAS
Finalmente desde o PP amosaron a súa perplexidade logo de comprobar como unha Xunta de Persoal dun hospital pode amosarse en contra da ampliación do centro e da mellora dos seus servizos. “Debe ser un caso único en España que o Goberno esté anunciando melloras e os que din representar aos traballadores critiquen este feito, salvo claro está que defendan criterios distintos aos que deberían”.
Desde o PP insisten en que seguirán traballando por facer realidade a inminente licitación do proxecto de ampliación do Hospital e a súa posterior execución e manteñen que mentres o Goberno da Xunta estea en mans do Partido Popular garanten e blindarán a continuidade de todos os seus servizos, unidades e consultas do Hospital da Costa e incluso os incrementará na medida das súas posibilidades, algo totalmente contrario ao discurso do medo que manteñen desde os partidos da oposición e organizacións afíns.


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



