Pleno de victorias esta fin de semana dos equipos base do C.D.Foz. Os infantís non xogaron, xa que lles tocou descansar esta xornada, tendo o vindeiro sabado no Martínez Otero un partido trascendental ante a Milagrosa que de gañalo poñeria moita terra de por medio para asegurarse a categoria para o vindeiro ano. Os cadetes xogaron ante o Valñadouro un partido mui desigual. Líder contra o pechacancelas e o resultado xa o dí todo (10-1)Ivan (5) Asier(2) German, Brais e Xosé foron os autores da goleada. Os xuvenís de Amarelo recuperaron a senda da victoria e golearon a domicilio o Meira por 0-4. Lois(2), Bouso e Xián foron os goleadores focegos. Agora ocupan a terceira posición da táboa clasificatoria. Esperemos que a vindeira xornada sexa tan fructífera coma esta.
Pleno de vitorias para os equipos base do CD Foz nesta xornada