Lugo, 16 de marzo de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, esixiu hoxe a José Ramón Gómez Besteiro que cese a Manuel Martínez como portavoz na Deputación de Lugo xa que as súas actitudes e comportamentos “denigran á política”
O dirixente popular fixo esta petición logo de que o portavoz socialista proferise insultos, descualificacións e incorrera en continuas faltas de respecto durante a última sesión plenaria do Concello de Becerreá, onde é alcalde.
FACER DA POLÍTICA UN INSULTO
Martínez, molesto polas iniciativas que impulsa o PP en defensa dos veciños de Becerreá e moi en particular, polas que están dirixidas a dar solución á problemática urbanística que xerou o propio alcalde coa súa falta de xestión, “montou en cólera e proferiu múltiples insultos”.
“Palanganero, en alusión ao voceiro, Antonio Madarro”, “el que primero lo huele debajo del culo lo tiene”, facendo referencia a toda a bancada popular ou “las navajas de Albacete que no son de Taramundi, caga y vete” facendo referencia ao pai, falecido, dunha edil popular” foron os vocablos empregados por Martínez na sesión plenaria de onte; uns insultos que levaron aos populares a abandonar o pleno
O PSOE SE NON ACTÚA É CÓMPLICE
Balseiro sostén que unha persoa que ten estes comportamentos non e que por riba de todo non rectifica ou pide perdón, non está á altura das responsabilidades que ocupa, nin como portavoz provincial, nin como alcalde, polo que incluso reclama a Besteiro que na súa calidade de dirixente do PSOE na provincia de Lugo reclame a dimisión de Martínez.
Finalmente Balseiro dixo que manter a Manuel Martínez como o portavoz da Deputación “dana a imaxe da institución” e incluso asegurou de que non atuar estarían amparando este tipo de condutas das que todo o PSOE se converte en cómplice, ao non desautorizalas.

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



