O próximo xoves día 21 de marzo, ás 20.30 horas, Xurxo Mariño acudirá á Librería Bahía de Foz para presentar o seu último libro “Neurociencia para Julia”. O venres día 22 de marzo, ás 10.30 horas, serán os rapaces e rapazas de primeiro de bacharelato do IES de Foz os que se acheguen á librería para compartir con Xurxo o seu traballo.
Xurxo Mariño. É investigador no ámbito da neurociencia e profesor na Universidade da Coruña. Ao longo da súa traxectoria profesional buscou sempre achegar a ciencia ao público xeral, e así o demostra este libro que vén de publicar na editorial Laetoli.