A Xunta de Galicia veu de anunciar nas primeiras semanas do mes de Marzo un incremento nas taxas polo uso dos comedores escolares limitando o acceso aos mesmos a unha gran parte dos alumnos/as e encarecendo notablemente o uso dos mesmos, con criterios estritamente economicistas.
O mantemento dos servizos públicos susténtanse nos principios de solidariedade e progresividade fiscal. A Xunta de Galicia rechazou recentemente, na tramitación dos presupostos autonómicos do 2013, unha proposta do PSdeG-PSOE referida ao incremento do tipo máximo no tramo autonómico do IRPF para as rendas máis altas na procura de mellorar a progresividade fiscal en Galicia co único argumento de que a efectividade recadatoria da medida proposta polo PSdeG-PSOE sería “irrelevante”.
Na mesma tramitación dos presupostos, o PSdeG-PSOE tamén propuxo a creación dun imposto á banca sobre os depósitos, proposta esta que o PP rexeitou co seu voto en contra no Parlamento de Galicia. Feijóo negouse a apoiar todas estas iniciativas propostas polo PSdeG renunciando así a medidas que afondaban na progresividade fiscal e na idea de que paguen “máis o que máis ten”
Agora o PP por voz do seu Conselleiro de Educación utiliza o argumento de que “pague máis o que máis ten” para estender e endurecer un repago polo uso dos comedores escolares nun novo ataque á clase media traballadora polo uso dun servizo básico educativo. Esta medida suporá, por exemplo, que moitas familias con dous fillos teñan que pagar 198 € polo uso do comedor no vindeiro mes de Abril do ano 2014.
En lugar de incrementar o IRPF para as rendas máis altas ou crear un novo imposto á banca, a Xunta de Galicia prefire subir as taxas polo uso dos comedores escolares, ao tempo que despide a miles de profesores e se gasta máis de 3 millóns de euros ao ano na subvención de colexios vinculados á igrexa e declarados ilegais por segregar ao seu alumnado por razón de sexo, ou manter intactos os 28 millóns de € que se destinan ao ensino da relixión nos colexios.
Así mesmo, a Consellería de Educación tamén ten previsto incrementar a partir do próximo curso, a lo menos nun 30%, os prezos de tódalas matrículas das ensinanzas de réxime especial: Escolas de Idiomas, Conservatorios, Escolas Superiores de Arte Dramático, de Artes Plásticas e Deseño, e Ensinanzas Deportivas Superiores. Unha medida tremendamente inxusta, pois non vai a ter en conta en ningún momento o nivel de renda dos alumnos; ademais de inoportuna, dada a actual situación de crise económica na que moitas das persoas que cursan estes estudos son desempregados/as que pretenden formarse coa finalidade de atopar algunha saída laboral; e que dificultará o acceso da gran maioría dos alumnos a este tipo de ensinanzas.
Polo exposto, e ante o novo ataque do Partido Popular aos cidadáns galegos, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Foz presenta para o seu debate e posterior aprobación ante o Pleno da Corporación, a adopción dos seguintes ACORDOS:
– Instar á Consellería de Educación a retroceder e revocar as medidas relativas á suba dos prezos públicos dos comedores escolares e á suba das matrículas das ensinanzas de réxime especial que pretende establecer a Xunta para o vindeiro curso.
– Dar traslado á Consellería de Educación do total rexeitamento do Concello de Foz ao repagamento do servizo de comedor escolar e á suba de entorno a un 30 % nas matrículas das ensinanzas de réxime especial que pretende establecer a Xunta para o vindeiro curso, por ser un novo machadazo ás clases medias traballadoras.
















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



