A Mariña, 20 de marzo de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña chama a manifestarse o próximo sábado ás 12:30 no Hospital da Costa nun acto simbólico de apoio ao noso hospital diante da que consideran inminente publicación do Decreto de xestión Integrada provincial que acabará coas competencias na xestión autónoma da Mariña. A plataforma quere unha manifestación en positivo para mostrar a defensa da sanidade pública e por unha xestión sanitaria propia para A Mariña simbolizando a demanda co rodeo do hospital en silencio por respecto aos pacientes. Alertan de que coa publicación o pasado luns do decreto de xestión integrada de Vigo só queda por publicar o de Lugo e cren que a Xunta pode facelo durante a próxima semana aproveitando a relaxación por vacacións. Con todo apuntan a que esta será unha manifestación preventiva e advirten que a publicación do decreto non vai parar as demandas dunha mellor sanidade pública para a comarca e anuncian que a publicación do decreto será o punto de saída para traballar noutras iniciativas e mais mobilizacións pola sanidade pública na comarca.
MANIFESTACIÓN PREVENTIVA PARA ABRAZAR O HOSPITAL DA COSTA DIANTE DA INMINENTE PUBLICACIÓN DO DECRETO DE XESTIÓN INTEGRADA DE LUGO
A Plataforma convocou á sociedade mariñá a manifestarse o próximo sábado 23 de marzo ás 12:30 da mañá para rodear a modo de abrazo o Hospital da Costa nunha mobilización preventiva diante da que consideran inminente publicación do Decreto de Xestión Integrada de Lugo que rematará coa actual autonomía de xestión da área sanitaria da Mariña para pasar a ser simples satélites do Lucus Augusti.
Pretenden “abrazar de xeito simbólico o Hospital nun acto silencioso por respecto aos pacientes alí ingresados” e mostrar deste modo o rexeitamento a un decreto que deriva as competencias de xestión sanitaria tanto deste centro como dos seus centros de saúde asociados da área sanitaria nunha xerencia provincial que decidirá sobre os recursos humanos, orzamentarios, infraestruturas e prestacións de servizos da nosa área sanitaria.
A mobilización ten carácter preventivo tendo en conta a inminente publicación do decreto de xestión integrada de Vigo publicada no DOG o pasado luns polo que xa só queda a publicación do decreto lugués para completar a demolición do actual mapa de xestión sanitaria de Galiza e por tanto faise un chamamento a participar activamente para frear estas intencións que cren poderían estarse adiando para aproveitar as datas de festividade dos próximos días.
A plataforma fai un convite ao comercio de Burela a solidarizarse o sábado ás 13 horas cun peche de media hora coincidindo coa concentración, “comprendemos a difícil situación pola que está a pasar o comercio pero deben ter en conta a degradación do hospital tamén lles vai repercutir nos seus negocios”
A DEMANDA DUN DECRETO DE XESTIÓN INTEGRADA PROPIA PARA A MARIÑA E A DEFENSA DUNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUÍTA NON SE APAGARÁN COA PUBLICACIÓN DO DECRETO PROVINCIAL.
A plataforma puxo sobre aviso “a aqueles que pensen en adormecer coa publicación do decreto provincial a demanda dunha área sanitaria propia para a comarca e a defensa dunha sanidade pública, universal e gratuíta están equivocados, será o punto saída doutras iniciativas e mais mobilizacións”. Neste sentido cualificaron de “xestor provisional” o recentemente nomeado director xerente do Hospital da Costa “contra quen non temos nada no persoal pero si no simbólico”
Dende a plataforma insistiron en que coas medidas que a Xunta e o Partido Popular están adoptando “ráchanse compromisos tanto do Presidente Feijóo como da anterior Conselleira de Sanidade Pilar Farjas para o mantemento da autonomía sanitaria da comarca das que a sociedade mariñá esta tomando boa nota”
Na mesma liña cualificaron como “pequeno movemento de fichas”, o “anuncio trampa de Feijóo para ampliar o hospital non é mais que un intento de apagar lumes que eles mesmos provocaron” pero forma parte dos logros que a demanda social e a mobilización da sociedade lograron nas últimas semanas.



















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



