Ribadeo, 20 de marzo de 2013. No pleno celebrado onte no Concello de Ribadeo aprobouse a modificación da ordenanza reguladora da taxa polo servizo do mercado. O rexedor, Fernando Suárez, explicou que “os vendedores do interior da praza de abastos pagarán polos metros cadrados que ocupen os seus postos a partires de agora e non por posto”. Por outra banda, o Concello adherirase ao convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria e a FEMP en materia de intercambio de información tributaria e colaboración na xestión recadatoria coas entidades locais. O alcalde sinalou que “mentres outros están a distanciar a administración da cidadanía nós tentamos achegala e así evitarlles algúns desprazamentos innecesarios aos nosos veciños e veciñas a Foz”.
Suárez Barcia referiuse á modificación da ordenanza que regula a taxa polo servizo da praza de abastos, “onde a partir de agora se cobrará por metro cadrado e non por posto, como sucedía ata o momento. Con isto vamos a unha maior xustiza e que pague máis quen máis metros cadrados ocupa no interior da praza de abastos”.
O alcalde ribadense dixo que “non menos importante foi a adhesión a un convenio de colaboración entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Federación de Municipios y Provincias en materia de intercambio de información tributaria cos Concellos. É un convenio marco que está dende hai anos, pero o Concello de Ribadeo non estaba adherido, ninguén o pedira, e agora a nós parécenos importante, primeiro pola transmisión de datos entre o Concello e a Administración Tributaria moito máis fluída, pero ao mesmo tempo porque nos parece adecuado, precisamente nun momento no que outros están distanciando a administración dos veciños nós intentamos achegala. De tal xeito que agora, coa sinatura deste convenio, os veciños de Ribadeo en moitos casos poderán evitar ter que ir a Foz facer determinadas certificacións tributarias, xa que van poder facelas aquí no concello de Ribadeo. Son destas cousas que ás veces teñen pouco valor económico, pero si supoñen unha mellora nos servizos que prestamos os Concellos, que en definitiva somos as administracións máis achegadas aos veciños”.
O equipo de goberno, o BNG, formulou unha moción sobre o mantemento do servizo de teleasistencia, que foi apoiada polo PSOE e por UPRI “e lamentablemente contou co voto en contra do PP, cuns argumentos absolutamente inmorais. Hai que recordar que o Ministerio de Sanidad y Política Social hai poucos meses deixou sen consignación presupostaria unha cantidade importantísima que sufragaba para costear os equipos de teleasistencia domiciliaria para esta xente maior que vive soa e que precisa ter un aparatiño de pulseira ou ben de colar por se acaso cae ou lle pasa algunha continxencia. E o ministerio do ramo, o que ten as competencias nisto, deixouno sen financiamento. Polo tanto desde hai moi pouco tempo a Deputación asumiu ampliar o custo e os Concellos, entre eles Ribadeo, tamén asumimos costear esa diferenza que o Ministerio deixou de propoñer”.
Fernando Suárez Barcia engadiu que “nesta moción o que lle pedimos ao Ministerio é que dalgunha maneira reconduza esta situación e ao final contou co apoio de todos os grupos agás do PP, con frases que son para a historia como que ao Ministerio non lle é posible sufragar estes programas sociais e que non lle compete, cando leva máis de 20 anos financiándoos, ou que o que non vai facer o Goberno do Estado é comprometerse e despois deixar facturas no caixón. A min paréceme que o que tiña que facer o Ministerio e o Goberno do Estado é, por exemplo, non facer esas amnistías fiscais, que son vergoñentas, ou non facer toda esta política económica que nos está levando a unha situación de rebelión social e, en vez de recortarlle á xente maior que vive soa e á que non lle vai sufragar o servizo de teleasistencia, podería principiar por actuar para que todos os defraudadores pagaran o que teñen que pagar”.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



