Compromiso por Galicia presentou este mércores no rexistro da FEGAMP unha iniciativa para o debate sobre o antreproxecto de Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local. A organización galeguista solicitou que a FEGAMP convoque unha Asemblea Xeral extraordinaria para que esta exprese os mínimos que, dende Galicia, debe contemplar a lexislación sobre a futura reforma da Administración local.
Para Xoán Bascuas, o anteproxecto de lei só é “unha cortina de fume para impulsar un modelo de Estado centralista e caduco onde se potencia o papel das deputacións e para avanzar na privatización de servizos públicos, recortando así a autonomía municipal”. Segundo Bascuas o Goberno español, no canto aproveitar a reforma para suprimir as deputacións, “propón todo o contrario, propón o seu reforzamento, dándolle a posibilidade de asumir a práctica totalidade das competencias dos concellos de menos de 20.000 habitantes, e roubándolle á cidadanía dos municipios o acceso cercano e directo dos servizos públicos que se prestan a nivel local”.
A reforma supón unha clara ameaza á continuidade dos concellos do rural, que supoñen o maior número dos existentes no noso país, e que esta proposta do Consello de Ministros non ten en conta nin recolle as particularidades e especificidades do país. Xoán Bascuas cre que no canto de limitar o salario dos alcaldes e das alcaldesas debería limitarse a asignación ao capítulo de órganos de goberno segundo a poboación, limitando de xeito máis efectivo o uso e abuso de dedicacións exclusivas e asesorías varias.
CxG anunciou a celebración dunha xornada de política municipal para o día 6 de abril, onde se tratará este tema, así como o do agrupamento de concellos e valorarase a posibilidade de, no caso de non ter resposta nun mes por parte da FEGAMP, impulsar a convocatoria “dunha xuntanza aberta de concellos galegos para fixar unha posición de país”.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



