ROSA QUINTANA: “A AUGARDENTE DE PORTOMARÍN DEFÉNDESE POR SI MESMA GRAZAS ÁS SÚAS VIRTUDES E VALOR GASTRONÓMICO”
Antes de proceder á lectura do pregón, a conselleira foi nomeada Dama da Serenísima Orde da Alquitara.
Santiago, 31 de marzo de 2013.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, foi a encargada de dar o pregón na XLIII edición da Festa da Augardente de Portomarín, onde destacou as virtudes e o valor gastronómico que desprende este destilado, conseguindo destacar por si mesmo e converterse nun produto excepcional.
Rosa Quintana definiu o augardente de Portomarín como paradigma de calidade, e destacou este licor como reflexo da nosa tradición e símbolo da nosa cultura. Unha bebida que antigamente era considerada dos pobres e hoxe é valorada por todo o mundo, converténdose en sinal de identidade de Galicia e ingrediente principal da tan coñecida queimada, dixo. Un destilado que cobra forza e que fai desta romaría unha festa “enxebre, popular e peculiar como hai poucas en Galicia”, engadiu.
Na súa intervención, a conselleira tivo palabras tamén para a vila de Portomarín, emerxida das augas fai xa medio século e que fai deste lugar un paraxe único no seo do Camiño de Santiago. Unha vila que segundo a titular de Medio Rural e Mar “reúne todo o mellor do interior de Galicia, estando ademais tan pegada ao pai Miño que semella talmente estar ubicada ao carón do mar”.
Dama da Alquitara
No marco desta festa, Rosa Quintana foi nomeada Dama da Serenísima Orde da Alquitara, que xa conta con máis de 200 cabaleiros e damas, onde xurou “defender, impulsar, exaltar en todo lugar e manter as glorias da augardente que producen estas sagradas ribeiras do Miño”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



