Ribadeo, 1 de abril de 2013. Arredor de dúas mil persoas se achegaron en busca de información ás oficinas de turismo de Ribadeo e das Catedrais, pero moitos milleiros máis visitaron o concello ao longo desta semana santa, segundo os datos que daba a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor quixo expresar no nome do equipo de goberno de Ribadeo “a nosa ledicia de ver cómo nestes días de semana santa, a pesar do mal tempo que se rexistrou nalgunhas xornadas, se rexistrou a importante presenza de milleiros de turistas, que encheron as nosas rúas, os nosos restaurantes e os nosos hoteis a pesares do momento excepcional económico no que vivimos. Ben sexa pola atracción das Catedrais ou pola da propia vila de Ribadeo, ben sexa polo torneo de fútbol base que organizou a Deputación Provincial de Lugo e que atraeu a uns 500 nenos de concellos de toda a provincia ou mesmo por un campionato de pádel organizado por unha entidade privada, Ribadeo nestes días estivo cheo de xente”.
Suárez Barcia dixo que “así o indican os datos da oficina de turismo tanto a da vila, que está aberta todo o ano, como os do punto de información turística das Catedrais, que por primeira vez na historia o abrimos na semana santa. As cifras son mareantes, unhas 1.000 persoas se achegaron en busca de información á oficina de turismo de Ribadeo e máis de 800 ao punto instalado nas Catedrais, preto de 2.000 persoas pediron información, pero estas non son as persoas que visitaron o concello, senón que viñeron moitas máis. A persoa que estivo na oficina das Catedrais, como calquera que puido ir alí, dicía que quedou sorprendida polos centos e centos de persoas que baixaron ao areal, daba igual si chovía ou si facía sol”.
Sobre a orixe dos turistas que visitaron Ribadeo estes días, a maior parte procedían de Galicia, seguidos moi de cerca por madrileños e vascos. Despois atópanse asturianos, castelás e cántabros. O turismo internacional está liderado por alemáns e franceses, seguidos de ingleses, suízos e residentes nos países do Leste europeo. O alcalde de Ribadeo indicou que “cada vez estamos a recibir máis, algo que non debemos desatender, e moitos deles veñen ver o que se está a constituír coma un referente turístico internacional como é a praia das Catedrais, por toda esta difusión mediática e todas as actividades que estamos a crear, a promover e a intensificar desde o Concello e que están dando lugar a que Ribadeo sexa un apéndice da praia das Catedrais”.
Fernando Suárez sinalou que “hai moita xente que ven durmir a Ribadeo ou que ven aquí de visita, que máis que por Ribadeo veñen por ver a praia das Catedrais. A nós isto agrádanos enormemente, pero estamos traballando para que veñan a Ribadeo, para que se queden en Ribadeo e para que volvan a Ribadeo, por iso puxemos a oficina de turismo na praia das Catedrais estes días. Así, foron máis de 100 as persoas que se fixeron coa credencial do Viaxeiro ribadense, é dicir a acuarela da praia das Catedrais que recibiron como obsequio aqueles que despois de visitar o areal e outros puntos de interese do concello recalaron en Ribadeo”.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



