Un operario da empresa subcontratada por Begasa para a substitución de contadores analóxicos por contadores dixitais que está actuando estes días en Barreiros foi denunciado ante a Garda Civil por insultos e ameazas a unha veciña de dita localidade.
Cando estes operarios se presentaron na casa desta veciña para realizar o cambio de contador, esta negouse ao cambio, xa que non traían a documentación dos mesmos e, polo tanto, non podían certificar que dito equipo cumprise coa normativa vixente, o cal é responsabilidade do titular do subministro. Ante dita negativa este operario empezou a berrar á usuaria chamándoa de forma despectiva “bloquera” ou “hippie” recomendándolle que deixase de fumar “esa marihuana que lle fai moi mal”, chamándoa tonta e ameazándoa con posibles represalias se non se producía a substitución.
A plataforma recorda que o titular do subministro ten, ademais, a opción de negarse ao cambio e instalar un contador en propiedade antes do 31 de decembro de 2018. Recorda tamén que ningunha persoa, nin sequera pertencente á distribuidora, pode manipular o contador sen a autorización do propietario.
Esta denuncia ante a Garda Civil pon o colofón ás denuncias que se estaban realizando desde a plataforma e nas que se denunciaban as malas formas destes operarios e a impunidade coa que entraban na propiedade privada e manipulaban os equipos sen autorización, chegando incluso a cambialos a pesar da negativa expresa do titular.
Non deixa de chamarnos a atención a forma de insultar deste operario, membro de BEGASA a todos os efectos ante o usuario, e nos preguntamos se é menos persoa por pertencer a un determinado partido político ou movemento social. Desde a plataforma denunciamos novamente estas formas impropias dunha compañía como Begasa e solicitamos que se castigue como merece a dito operario e que se revisen por parte da compañía os métodos utilizados para a substitución de ditos equipos.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



