Este domingo día 7 de Abril, o grupo de sendeirismo da ACD Xove, dá comenzo a tempada de rutas de sendeirismo-2013. Esta primeira será polos Concellos de O Vicedo e Mañón. A ruta denominada “Costa de O Vicedo- Porto de O Barqueiro” ten unha lonxitude de 16 km. con saída na Praia de San Román, seguindo toda a costa de O Vicedo, pasando por diversos miradoiros e praias (Xilloi, O Vidrieiro, O Caolin, Arealonga), cruzando o Rio Sor pola ponte de ferro (antiga carretera) e chegando o Porto de O Barqueiro. O grupo desprazarase en autobús ata a Praia de San Román pola mañá, con saída de Xove ás 9:15h. Despois o autobús iraos buscar pola tarde ó Porto de O Barqueiro. Esta ruta é totalmente gratuíta para tódolos integrantes do grupo. A seguinte saída do programa deste ano será o vindeiro domingo 21 de abril, a “Senda Costa Artabra” nos Concellos de Ferrol, Narón e Valdoviño.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



