-Consideran esta medida da Xunta de Galicia como “repagamento xa que as familias xa pagan os seus impostos para garantir servizos básicos como é a educación”.
-A decisión do PP que afectará ós dous centros educativos do municipio “amosa unha vez máis que o goberno autonómico renuncia á progresividade fiscal e á idea de que paguen os que máis teñen”.
CERVO, 10 DE ABRIL. O Grupo Municipal Socialista vén de rexistrar unha moción co fin de que no vindeiro pleno do Concello de Cervo “a corporación manifeste o seu rexeitamento ó repagamento do servizo de comedor escolar que pretende establecer a Xunta de Galicia para o vindeiro curso”.
Entenden esta decisión como “repago, xa que as familias xa pagamos os nosos impostos para garantir os servizos básicos da cidadanía. Mentres atravesamos por un momento de dificultade económica para moitas familias, o PP ataca unha vez máis á clase traballadora. Unha familia con dous fillos tería que pagar no mes de abril do 2014 uns 198 euros”.
Os socialistas lembran que “non podemos esquecer que cando se falou de reunificación, prometeron servizo de comedor gratuito, buses e zonas de aparcamento, pero parece que todas esas promesas quedaron no aire”.
Esta medida que afectará a ambos colexios do Concello de Cervo pon de manifesto que “o goberno popular da Xunta de Galicia renuncia unha vez máis á progresividade fiscal e á idea de que paguen os que máis teñen. Debemos, entre todos, rexeitar esta medida e intentar que no vindeiro curso escolar acabe por non ser aplicada”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



