Ana Ermida Igrexas.- Nestes días oiremos declaracións, leremos artigos, veremos imaxes sobre o beneficioso de que o Estado español teña como modelo de estado a república en contraposición á monarquía.
É evidente a pouca graza, e cada vez menos, coa que conta esta institución entre a poboación e, nomeadamaente, nos sectores chamados transformadores, de esquerdas, antisistema ou revolucionarios. Non serei eu quen defenda a monarquía e, moito menos, a monarquía española. Pola forma e polo fondo: esa institución caduca, vestixio do estado franquista, retrógrado e punta de lanza e modelo dunha transición que non foi tal, máis que a xustificación para continuar cun sistema inxusto para as persoas e para os pobos.
Agora ben, tampouco podemos quedar cun conto que ten pouco de final feliz. Defender a república como forma de estado, sen máis, non significa nada. Non significa cambiar de raíz o que é preciso cambiar. Significa un quítate ti para poñerme eu. Porque, paremos a pensar: viven mellor en Portugal baixo o paraugas dun xefe de estado presidente da república? Teñen maior, ou sequera mellor, calidade democrática? Deciden el@s o seu futuro, as políticas que se lles aplican ou salvar á xente en lugar de á banca? Están claras as respostas.
Polo tanto, non podemos caer na argumentación simplista de defender que a república, por si mesma, se vai converter na salvación para as e os cidadáns. Porque a salvación da xente, ten que vir de nós mesm@s. Non hai salvadores supremos. Porque ata que recuperemos o Poder Popular (da xente), ata que sexamos as mulleres e homes deste País as que decidamos sobre nós, que políticas aplicar, a quen salvar; non poderemos dicirnos libres. As liberdades do conxunto da cidadanía, a democracia, a aposta por unha ou outras políticas veñen determinadas por quen elabora e quen executa esas políticas; non polo modelo que as poña en marcha.
Son Chipre ou Grecia monarquías ou repúblicas? Quizais non o sabemos. Son soberanos? Non. Aí está a cuestión: sen soberanía non hai liberdade. Sen soberanía non hai democracia.
A solución para as galegas e para os galegos, para o noso agro, para a nosa pesca, para a nosa sanidade, para a nosa educación, para os nosos aforros… é ter un goberno soberano, ter capacidade de decidir sobre as cuestións fundamentais que nos afectan. Un goberno que goberne un País para a xente e non para o capital. Sen reis, nen raíñas; sen súbditos, nin sometidas. Só con cidadás e cidadáns, libres, soberan@s e iguais.
Por iso, cando pregunten: república? Si: Galega e Popular!
Ana Ermida Igrexas
Responsable BNG A Mariña





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



