–O programa inclúe paseos en carro de cabalos e de montura de balde para os nenos e nenas e carreiras de cabalos cruzados e do país e de burros.
Cervo, 20 de abril de 2013-O Concello de Cervo e a asociación Cabaleiros do Xunco deron a coñecer hoxe o cartel e o programa da VI Feira do Gando que se celebra o día 5 de maio na Venta “O Guioncho” e que nos últimos anos converteuse nunha cita habitual que congrega a numeroso público interesado en mercar e vender gando ou en participar nas diversas actividades e carreiras de cuadrúpedes.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Zona Rural, José Ramón Soto, o presidente de Cabaleiros do Xunco, Julián Otero e o vicepresidente e tesoureiro, Abelardo Lestegás, presentaron os detalles deste encontro, que arrincará ás 8:00 horas coa exposición do gando para a súa compravenda. A partir dese momento tamén se realizará a inscrición para as distintas actividades preparadas co gando, prazo que remata ás 12:00 horas.
Destaca a oferta de lecer para os máis pequenos, que teñen a posibilidade de dar paseos en carro de cabalos e de montura gratuítos de 11:30 a 12:30 e de 15:00 a 16:00 horas. A partir das 17:00 horas arrincará a marcha de trotóns para cabalos, ás 18:00 horas dará comezo a carreira de cabalos cruzados e do país e ás 19:00 horas a carreira de burros. Unhas competicións para as que hai previstos premios en metálico para os tres primeiros clasificados en cada categoría.
Ao mesmo tempo tamén haberá premios para o maior número de cabezas equinas e de vacún así como o mellor exemplar equino e tenreiro. Deste xeito repartiranse máis de 1.000 euros en premios, aos que hai que sumarlles os 300 que recibirá o agraciado no sorteo no que participarán todas as persoas que mercasen as rifas que se venderán durante a xornada.
O edil de Zona Rural asegurou que esta iniciativa, que xa vai pola súa sexta edición “naceu do traballo da asociación Cabaleiros do Xunco que tiña como obxectivo recuperar a antiga feira de gando que se celebraba en Cervo hai anos, polo que se trataba de retomar e de converter en habitual una cita tradicional que se perdera e que foi revivida con moito éxito grazas a esta entidade”. O Concello de Cervo colabora activamente nesta feira así como a Deputación.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



