A Mariña, 30 de abril de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade pública analizou os datos publicados pola Consellaría de Sanidade sobre as listas de agarda nos hospitais públicos galegos ate o 31 de marzo de 2013. O Hospital da Costa supera en 7,1 días a agarda media para cirurxía dos hospitais públicos e en 5,8 en primeiras consultas, os servizos de uroloxía e traumatoloxía soportan os datos mais altos de agarda situándose tamén nos primeiros postos de todo o sistema público. Dende a plataforma suxírenlle ao xerente do Hospital que coa constatación do colapso do hospital non chega, hai que actuar para corrixir as carencias. Dende a Plataforma fan pública a denuncia dun paciente afectado de osteoporose severa diagnosticada polos servizos de traumatoloxía que leva tres meses sen recibir o tratamento prescrito polos propios servizos de traumatoloxía cun importante deterioro da saúde que limita a súa mobilidade, engaden que o servizo de rehabilitación neste momento atende citas do mes de novembro.
A falta de espazo e persoal provocan o colapso do Hospital da Costa que volve aumentar os tempos de agarda situándose á cabeza do sistema público
Os datos oficiais de listas de agarda dos hospitais do Servizo Galego de Saúde volven situar ao Hospital da Costa nos postos mais altos do sistema superando a media dos hospitais públicos con 76,4 días por riba da media de 69,3 dos hospitais públicos en cirurxía e so superado polo CHUAC e CHUVI. O mesmo sucede coas primeiras consultas con 55,1 días de agarda, 5,8 mais da media de 49,3 do sistema. As listas de agarda en uroloxía e traumatoloxía son tamén das mais elevadas do sistema con cifras disparadas, concretan que os pacientes de traumatoloxía en Burela agardan 89,1 días só por debaixo do CHUAC da Coruña.
Dende a Plataforma responsabilizan á dirección do SERGAS dos recortes no gasto de persoal que no orzamento 2013 supuxeron unha rebaixa de 1,9 millóns de euros así como ao incumprimento reiterado dos compromisos de ampliación do presidente da Xunta e os dirixentes do Partido Popular na comarca, mais preocupados por seguir lanzando soflamas propagandísticas que por afrontar as necesidades sanitarias da comarca.
Detrás das cifras oficiais están persoas que sofren o colapso dos servizos sanitarios públicos e poñen un caso concreto da situación en traumatoloxía.
Dende a Plataforma poñen o exemplo dun paciente do servizo de traumatoloxía para facer unha denuncia da situación de colapso deste servizo e o de rehabilitación. Explican o caso dunha persoa que unha vez diagnosticada dunha osteoporose severa que leva tres meses agardando polo tratamento de rehabilitación prescrito, agravando o seu estado de saúde e limitando a súa mobilidade a pesar de terse dirixido aos servizos de atención ao paciente e á inspección médica sen que estes ofreceran ningunha solución ao seu caso, dáse a circunstancia de que o paciente xa recibiu cita para os servizos de traumatoloxía sen recibir o tratamento previo de rehabilitación prescrito polos mesmos servizos. Dende a Plataforma denuncian que este non é un caso único xa que os servizos de rehabilitación atenden neste momento citas do mes de novembro.
O doente que se puxo en contacto coa plataforma para denunciar o seu caso, demanda unha atención que permita modificar os factores que aceleran a perda de masa ósea e tratamento para evitar as fracturas, que como no seu caso, teñen unha importante diminución de masa ósea. Igualmente sinalan que a inexistencia dun programa de atención individualizado fixado polo fisiatra e o inicio dunha programación de rehabilitación en tempo axeitado non se están cumprindo cando estes tratamentos son fundamentais para a recuperación do paciente. Neste sentido demandan maior coordinación entre o hospital e os centros de saúde que ofrecen servizos de rehabilitación e advirten que a degradación do sistema público favorece a sanidade privada á que o PP, coa súa xestión, protexe e impulsa.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



