Nota de Prensa
O PP de Cervo emendará as mocións do BNG sobre a lingua e en solidariedade cos traballadores afectados polo ERE de Sargadelos, buscando mellorar o acordo final e a acción do Goberno municipal en cada un destas aspectos
OS POPULARES APOSTAN POLO BILINGÜÍSMO INTEGRADOR E POR UN APOIO AMPLO E AMBICIOSO AOS TRABALLADORES DA CERÁMICA DE SARGADELOS NAS SÚAS EMENDAS ÁS MOCIÓNS DO BNG
• O PP reafirma a súa defensa do idioma galego, a súa promoción e impulso pero rexeita calquera tipo de utilización da lingua como arma de enfrontamento, división ou imposición. Subliña que a heteroxénea sociedade cervense –con xente procedente de distintas comunidades- e a libre opción lingüística dos veciños debe ser un exemplo de bilingüísmo integrador.
• Os populares queren que a Corporación Municipal dea pulo ás labores de interlocución entre a xerencia, traballadores e Xunta que está a desenvolver o Goberno municipal, na procura de garantir a viabilidade da empresa, e reclama a implicación de todas as administracións públicas a través de diversas fórmulas de apoio a este proxecto empresarial.
Cervo, 13 de maio de 2009.- O Partido Popular presentou dúas emendas ás mocións do BNG que serán obxecto de debate na Sesión Plenaria do Concello de Cervo prevista para as 19.30 horas desta tarde. A primeira delas muda substancialmente á petición dos nacionalistas de apoiar a manifestación convocada pola Mesa para a Normalización Lingüística en Santiago de Compostela e, a segunda delas, ten por obxecto establecer un máis amplo apoio dos edís cervenses aos traballadores e traballadoras da Cerámica de Sargadelos que están a verse afectados por un Expediente de Regulación de Emprego.
BILINGÜÍSMO INTEGRADOR, COMO A CIDADANÍA DE CERVO
Os populares están a favor de que a Corporación Municipal manifeste a súa vontade na defensa do idioma galego, a súa promoción e impulso. En todo caso engaden que os cidadáns teñen apostado co seu voto e co seu comportamento polo uso pacífico, libre e sen confrontacións das dúas linguas oficiais e, nese senso, consideran importante manifestar a renuncia a calquera tipo de utilización do idioma como arma de enfrontamento, división ou imposición, tal e como pretenden facer desde o BNG e as súas organizacións afíns.
Ao mesmo tempo a emenda do PP anima ao Goberno municipal a apoiar os esforzos que se estean a desenvolver desde as distintas administración públicas, organizacións sociais e colectivos, baseados na garantía dos dereitos lingüísticos de todos os galegos e galegas, isto é, promovendo un bilingüísmo integrador: ampliar o coñecemento por todos e todas de ambas linguas e no dereito a libre opción lingüística. “Precisamente a procedencia heteroxénea de moitos dos veciños do municipio, e a liberdade de opción dos cervenses, é un exemplo deste bilingüísmo que integra e non exclúe. Non debemos camiñar no senso contrario”
APOIO Á CERÁMICA DE SARGADELOS CON AMBICIÓN
Por outra banda o Partido Popular entende que a Corporación Municipal ten que ser “moito máis ambiciosa” e adoptar un acordo que non só manifeste a solidariedade e apoio do Goberno municipal para cos traballadores e traballadoras da Cerámica de Sargadelos, senón tamén que ofreza fórmulas concretas capaces de superar a situación actual, caracterizada pola presentación dun Expediente de Regulación de Emprego.
Nese senso, a proposta dos populares incide no adiantado nas pasadas datas polo Alcalde de Cervo, Alfonso Villares: O Goberno municipal actuará como interlocutor entre a empresa, os representantes dos traballadores e a Xunta de Galicia –tal e como está a efectuar ata o momento- e “no obxectivo de garantir a viabilidade do proxecto empresarial e cultural que esta compañía representa, os dereitos laborais do seu cadro de persoal e o mantemento dos postos de traballo actuais.”
COMPROMISO DE TODOS
Ao mesmo tempo, a proposta popular é moito máis ambiciosa que a incorporada na moción do BNG e na emenda dos socialistas e busca o apoio ao Goberno municipal para que intermedie ante as distintas administracións públicas e nomeadamente, ante a Xunta de Galicia, o Goberno central e a Deputación Provincial de Lugo. Todas elas deben comprometer o seu apoio á cerámica de Sargadelos, en cuestións de índole laboral (defensa do mantemento dos postos de traballo), cultural (potenciación da labor cultural de Sargadelos en coordinación coa acción institucional das administracións públicas: Que todas as administracións poidan facer uso das súas figuras como agasallos, premios ou imaxes institucionais), industrial e económico (promoción do I+D+i e do desenvolvemento empresarial dunha empresa representativa da calidade galega no mundo)
O Goberno municipal busca que o compromiso coa cerámica de Sargadelos chegue a todas as administración públicas. Non só para manter o beneficio social que esta empresa reporta no tocante á creación de postos de traballo en Cervo, senón polo que Sargadelos e a súa cerámica significa para este concello e para toda Galicia.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



