Lugo, 9 de maio de 2013. O delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, xunto á xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, presentou esta mañá o conxunto de actividades culturais que se desenvolverán arredor da Semana dos Museos, entre o 13 e o 19 de maio, en todos os museos da Rede Museística, con propostas que van desde a música ao recitado de poemas, encontros para favorecer a comunicación entre persoas maiores, etc.
Tal e como destacou Mario Outeiro, “quíxose aglutinar na Semana dos Museos varias efemérides que coinciden no tempo: a primeira é o Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio desde o 1977 a proposta do ICOM, xunto coa proposta da Noite dos Museos que xurdiu a proposta do Ministerio de Cultura francés; outra é o noso Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano dedicado ao dramaturgo e actor Roberto Vidal Bolaño; e tamén, o día 15 é o Día Internacional das Familias. Recollendo todo isto, elaborouse unha programación atendendo sempre as propostas participativas que nos foron chegando, polo que cremos que van ser un total éxito”.
Mario Outeiro destacou o carácter “interxeracional” das propostas e que tamén van no camiño de “poñer en valor as nosas letras e a nosa cultura, xa que homenaxeamos a Roberto Vidal Bolaño co gallo das Letras Galegas, mais tamén a Rosalía no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos”.
Pola súa banda, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, quixo resaltar que “moitas das propostas que desenvolvemos nesta Semana dos Museos parten das achegas das persoas que habitualmente teñen contacto coa Rede Museística ou son propostas de actividades por parte de asociacións e colectivos, co que se reforza a idea de facer museos vivos para todas e por todas, un traballo que desde a Rede Museística desenvolvemos en todas e cada unha das nosas actividades”.
PROGRAMA
Luns, 13 de maio de 2013
19-00 h.- Cantando Cantares Gallegos (Rosalía de Castro)
Interveñen: Marica Campo (retrato de Rosalía de Castro); Mini e Mero, e a soprano Alma Selene (interpretación musical). Promove este acto para conmemorar o 150º aniversario de Cantares Gallegos a Asociación Cultural Mujeres Entretejidas.
Mércores, 15 de maio de 2013 (Día Internacional das Familias)
16:30 h.- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial.
18:00 h.- Encontro de familias do Clube Pequeamigos. Presentación do Clube Senior da Rede Museística Provincial.
18:30 h.- Concerto de Jotinho’s
Venres, 17 de maio de 2013 (Día das Letras Galegas)
Xornada de homenaxe ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, autor ao que se dedica este ano 2013 o Día das Letras Galegas.
Libros libres
Nesta xornada, a Biblioteca do MPLugo pon a disposición dos amantes dos libros e da lectura exemplares procedentes de expurgo que se expoñerán na bancada inmediata á Sala de Exposicións.
Photocall
Durante toda a semana que vai do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un modesto escenario, quen o desexe poderá caracterizarse co chapeu e o nariz de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa palabra en galego que máis lle guste.
Estas imaxes iranse subindo ás redes sociais da Rede Museística para que, quen o desexe, coas palabras escollidas elabore textos literarios no período comprendido entre o 20 e o 31 de maio.
Concerto das Letras
19.00h.-. Obradoiro Fábrica de Sons, dirixido por Xesús Villarino.
Sábado, 18 de maio de 2013 (Día Internacional dos Museos e Noite Europea dos Museos)
18:00 h.- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial.
De 19:30 a 21:00 h.- Expresión e artes da palabra na música popular galega
Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo
21:00 h.- Lipdup da Rede Museística
Gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo musical nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando en play-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos de campUSCulturae da USC. Coordina: Begoña Rodríguez Cacharrón.
Concerto da Noite dos Museos
23:00 h.- Paulovers. Cabaret alemán/vodebil
Outros obradoiros durante todo o mes de maio Enrédate nas novas tecnoloxías
Tratamos sobre riscos no uso das TIC por parte dos menores. Ao tempo, daremos a coñecer a rede virtual dos catro museos integrados na Rede Museística Provincial. Xogar, enredar e aprender a usar con sentidiño as TIC.
Todos os xoves, de 18:00 a 19:30 h. Para nenos/as de 10 a 14 anos.
Vén, Mira … é Tempo de Creatividade
De 12:00 a 13:30 h. Para nenos/as de 4 a 14 anos
Obradoiros creativos, tendo sempre como fondo e referencia as coleccións dos nosos museos. Coñecer e experimentar, dialogar …





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



