OS NACIONALISTAS CRITICAN A NEGATIVA DO PP A ENTENDER A DEMANDA SOCIAL PARA DEFENDER UNHA SANIDADE DE CALIDADE NA MARIÑA E UN ENSINO QUE RECOLLA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E SEXA SENSÍBEL COAS DIFERENCIAS CULTURAIS E IDIOMÁTICAS DO ESTADO.
O ALCALDE DEMOSTROU POUCA CINTURA E TALANTE DEMOCRÁTICO AO SUSPENDER O PLENO POLA PRESENZA PACÍFICA E SILENCIOSA DA PLATAFORMA SANITARIA DA MARIÑA CANDO DABA INICIO O DEBATE SOBRE A PROBLEMÁTICA SANITARIA NA COMARCA AO QUE LLE TEÑEN PÁNICO.
Cervo, 9 de maio de 2013. O BNG levou ao pleno de hoxe por medio de dúas mocións de urxencia a demanda dunha sanidade pública de calidade na comarca que recolla as reivindicacións de amplos sectores da sociedade mariñá, que coa excepción do PP, piden melloras na asistencia sanitaria na comarca e esixen unha área de xestión integrada propia para a comarca que evite a súa dependencia provincial por existir razóns sobradas para defender este modelo organizativo. Igualmente sumouse ás reclamacións do sector do ensino que pedían hoxe na rúa a paralización do anteproxecto de Lei da LOMCE por considerar que camiña cara un modelo de ensino franquista, uniformidador, á separación por sexos e clases, á privatización, á exclusión social, á eliminación do galego do ensino e á eliminación do laicismo para substituílo por un modelo confesional. O portavoz municipal criticou o escaso talante democrático do alcalde que suspendeu o pleno pola presenza pacífica e silenciosa da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña impedindo o debate das dúas mocións presentadas polo BNG.
VILLARES SUSPENDEU O PLENO PARA NON TER QUE ASUMIR A DEFENSA DAS MEDIDAS QUE O SEU PARTIDO TOMA CONTRA SERVIZOS PÚBLICOS BÁSICOS COMO A SANIDADE OU O ENSINO
Estúa recrimina que ao alcalde de Cervo lle preocupen tanto as protestas pacíficas e tan pouco as medidas de recorte que seu partido está aplicando contra servizos públicos básicos como a sanidade ou o ensino. Neste sentido cuestionou a suspensión do pleno municipal onde se presentaban dúas moción de urxencia polas que o BNG defendía unha área de xestión integrada propia para comarca e a devolución do anteproxecto lexislativo da LOMCE que o ministerio estatal do ramo ten en tramitación e que hoxe sacou á rúa ao sector. “Non é de recibo, afirmou Estúa, que o alcalde impida o debate diante dunha protesta pacífica co que demostra pouca cintura democrática e moito menos que non asuma a defensa das medidas que o seu partido político aplica e que pretenden a sociedade reciba con paciencia”.
Sorprende a actitude de Alfonso Villares cando xa foron moitos os plenos onde a Plataforma sanitaria estivo presente pacificamente no debate de asuntos do seu interese sen que xurdiran problemas, “o que fixo hoxe Villares foi poñer de manifesto o malestar do Partido Popular diante dunha presión lóxica por parte dos que nos sentimos agredidos por medidas contrarias ao prometido polos propios dirixentes e xestores do PP que discriminan á comarca baleirándoa dun servizo sanitario digno e de calidade”, afirmou Estúa.
O PARTIDO POPULAR É UNHA MÁQUINA DE DESTRUCIÓN MASIVA DE DEREITOS SOCIAIS E IMPÓN O SEU MODELO NEOLIBERAL SEN ATENDER AS DEMANDAS DA SOCIEDADE OBRIGADA A SAIR Á RÚA PARA DEFENDER OS SEUS DEREITOS.
Os nacionalistas acusaron ao Partido Popular de non atender as demandas sociais tramitadas a través de iniciativas institucionais polo que obriga á sociedade a saír ás rúas para defender os dereitos sociais que o PP mediante sucesivas normas e reformas lexislativas esmaga tódolos días. Acusaron ao PP de “dicir hoxe unha cousa e ao día seguinte a contraria” como sucedeu coas promesas sobre melloras na asistencia sanitaria na comarca ou ao compromiso para que A Mariña contara cun modelo de xestión independente e non dirixido dende a capital da provincia.
Do mesmo xeito, o portavoz nacionalista lamentou que a suspensión do pleno evitara o debate sobre o anteproxecto lexislativo da LOMCE que levou a unha convocatoria de folga xeral no sector no día de hoxe. É igualmente significativo, afirmou, “que os propios representantes locais do Partido Popular fuxan dun debate que ten á comunidade educativa en pé de guerra pola imposición dun sistema que nos retrotrae ao modelo de ensino franquista, á uniformidade, á separación por sexos e clases, á privatización, á exclusión social, á eliminación do galego do ensino e a eliminación do laicismo para substituílo por un modelo confesional, polo que o portavoz nacionalistas demandou menos OPUS DEI e mais cultura democrática.
Por último Estúa afirmou que “o alcalde Alfonso Villares e o seu grupo de goberno usaron a presenza da Plataforma para fuxir do debate democrático de ideas e demostraron a incoherencia dun Partido Popular cuxos representantes téñenlle pánico a defender as medidas que o seu propio partido aplica expulsando á sociedade de institucións nas que non cren para defender os seus dereitos nas rúas como sucedeu hoxe coas concentracións contra a LOMCE que tiveron lugar en moitas prazas e rúas do país.”








Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



