CADERNOS DA VIAXE. Os últimos inquéritos reflicten o estado de ánimo electoral que tamen se percebe na rúa. Nunca na historia demoscópica coñecida existiu un Goberno do Estado que xerara máis desconfianza cara o seu Presidente e máis rexeitamento cara a xestión de todos e cada un dos seus Departamentos. O que non é chocante, non só polo absoluto fracaso gubernamental na xeración de emprego e crecemento e polo seu grave incumprimento do seu contrato electoral, senón pola actitude asocial, anticidadá e mesmo “freaky” de ministr@s como Gallardón, Wert, Ana Mato, Margallo, Montoro ou F. Diez. Este Gabinete é a proba definitiva de que os marcianos existen e habitan entre nós.
Rechamante tamen é o destrago das expectativas electorais do PSOE, moi comprensíbel se atendemos ao xiro a prol das politicas de recurte social e económico de ZP en maio do 2010 e ao pacto de Rajoy e Rubalcaba en setembro do 2011 para unha reforma constitucional “express”, case clandestina, que priorizou en diante o pagamento dos xuros e amortizacions da debeda sobre calquera outro gasto publico. Tamén sobre o sanitario,social ou educativo.
PP e PSOE procederon hai mais de trinta anos á ocupación e partidización de Institucións como o CXPX, o Tribunal Constitucional ou o Tribunal de Contas, ao tempo que tentaban converter a democracia española nunha alternancia bipartidista afastada dos parámetros de transparencia, participación e renovación que esixe o propio sistema democrático.
Velai a fondura da actual crise institucional, que abrangue tamen ao propio Xefe de Estado. Quén sempre ollou cara outro lado diante da praxe cotián deste bipartidismo dinástico. Porque só dende eses valores de participación e transparencia, xunto cos de inclusión e cohesión tamén esquecidos, é posíbel rexenerar a convivencia democrática dende dentro e evitar a sua traumática liquidación.
A ARRINCADEIRA É de xustiza
A Irmandade Xuridica Galega, integrada por centos de avogados, maxistrados,xuices, fiscais e funcionarios, celebrou a sua Asemblea anual. Dixo no acto o profesor Gomez Segade: “tanta xente comprometida co galego ten que se notar xa na galeguización da xustiza”.
Usar a nosa lingua na Xustiza non pode xerar nin atrasos, nin ningunha caste de prexuizo,mesmo indirecto, para o cliente ou para o profesional.
Xoán Antón Pérez-Lema



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



