O sábado 11 de maio fíxose a entrega dos trofeos do 2º campionato de parchís que organizou a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar. Os premiados foron: co primeiro premio, Geni Piñeiro e Julio Lamelas; co segundo premio Noelia Cao e Suso Teijeira; e o terceiro premio foi para Angélica Díaz e Mª José Rego. Cristina e Miguel Fanego acadaron o premio de consolación. Ademais, todos os participantes disfrutaron dunha cea. E, por outra banda, a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza, coa colaboración da Dirección General de la Guardia Civil, unha charla informativa sobre a prevención e mellora da seguridade dos/as nosos/as maiores para o martes 14 de maio ás cinco da tarde no local social de Trasbar.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



