VIVEIRO .- O delegado da Área de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asinou un convenio de colaboración entre o ente provincial e o Concello de Viveiro mediante o cal as instalacións do campo de fútbol municipal do Cembedo se dotarán de céspede artificial. No acto participaron o alcalde de Viveiro, Melchor Roel, e representantes dos grupos políticos municipais.
Nota de Prensa
ANTONIO VEIGA ASISTIU Á SINTARUA DO CONVENIO PARA DOTAR DE CÉSPEDE ARTIFICIAL O CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL “O CEMBEDO” DE VIVEIRO
O convenio de colaboración estableceuse entre a Deputación de Lugo, representada por Antonio Veiga, e o Concello de Viveiro
LUGO, 14 de maio de 2009. O delegado da Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, achegouse ao concello de Viveiro para asistir á sinatura dun convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Viveiro mediante o cal as instalacións do campo de fútbol municipal do Cembedo se dotarán de céspede artificial. No acto de sinatura estiveron o propio delegado da Área de Deportes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, mailo alcalde do Concello de Viveiro, Melchor Roel. Antonio Veiga informou que “a Área de Deportes da Deputación aportará un total de 440.000 euros para efectivar esta obra tan necesaria para A Mariña”.
Coa sinatura deste convenio, a Área de Deportes da Deputación fai fronte ás deficiencias que esta infraestrutura deportiva presentaba, consolidando o seu traballo a prol de dotar aos concellos das comarcas lucenses de instalacións deportivas públicas e de calidade, que permitan a práctica do deporte a toda a cidadanía nunhas condicións óptimas. Deste xeito, co novo céspede artificial, o campo de fútbol do Cembedo poderá soportar un uso moito máis continuado e intensivo, xa que os materiais empregados para a construción deste tipo de recintos deportivos presentan unha resistencia moi alta ao desgaste. Outra das vantaxes da superficie de herba sintética, fronte á herba natural, é a de carecer dun mantemento exhaustivo, o que se traduce nun maior aforro económico co paso do tempo.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



