O pentatleta internacional mariñán Cristóbal Rodríguez disputará a final de Ouro na Cataluña League co seu equipo, o “Desperta Ferro”, pertenecente á Sala de Armas Montjuic, a liga catalana que leva varios meses disputándose e na que se enfrontaron diferentes equipos das distintas provincias de Cataluña cunha gran intensidade e nivel.
Os últimos equipos ós que se enfrontou o conxunto do galego foron o “LSD” e “Blade Runners”, empatando co primeiro e vencendo ó segundo permitíndolles o pase á final de ouro como cabezas de serie. Os outros oito clasificados disputarán a final de prata.
O conxunto ó que pertence Cristóbal Rodríguez venceu en 11 combates dos 14 disputados, realizando ós seus rivais un total de 614 tocados con 456 en contra, colocándoos na final con só tres combates perdidos.
Cristóbal, recén chegado da Copa do Mundo de Brasil e Hungría recibía esta grata nova tras realizar o último enfrontamento a semana anterior á súa marcha cando só faltaba a actualización dos datos por parte da Federación Catalana de Esgrima que, finalmente, os confirmou cun representante galego na final de ouro.
Segundo a normativa da máxima categoría, a “A”, cada equipo conta con dous tiradores; polo que o “Desperta Ferro” contará con Axel Pérez e Cristóbal Rodríguez, sendo o capitán o mecenas Lino Zago, ó que Rodríguez está “moi agradecido”. Os demais compoñentes que conformarán o equipo serán: Raúl Benítez, Sergi Mora ye Arantxa Chavarri.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
