O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mantivo esta mañá unha reunión co rexedor do Valadouro.
Comprometeuse a abrir o Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial para que as empresas interesadas poidan reservar solo, unha vez que o Concello aprobe de xeito definitivo a modificación puntual das Normas Subsidiarias que permitan o desenvolvemento desta infraestrutura.
Hernández salientou que no momento en que o 30% do superficie total estea reservada, a Xunta iniciará o desenvolvemento do Parque.
Santiago, 16 de maio de 2013.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, abordou esta mañá co alcalde do concello lucense do Valadouro, José Manuel Lamela Piñeiro, os avances na tramitación do parque empresarial Valadouro- Alfoz. Fase I.
O conselleiro de Medio Ambiente trasladou ao rexedor municipal que unha vez que dende o concello se aprobe de xeito definitivo a modificación puntal da normativa urbanística en vigor para recoller o plan de sectorización do polígono empresarial, a Xunta de Galicia encargará de inmediato a modificación do plan de sectorización para adaptalo ás necesidade reais do concello e da comarca en materia de solo industrial.
Agustín Hernández indicou que ao mesmo tempo se abrirá o Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial par que os interesados en instalarse neste parque empresarial poidan facer a reserva de solo.
O conselleiro de Medio Ambiente tamén se comprometeu a iniciar o desenvolvemento do parque no momento en que estea acreditada unha demanda dun 30%, tal e como se establece na normativa da Xunta sobre parques empresariais.
O parque empresarial de Valadouro- Alfoz terá unha superficie total de 118.300 m2. A urbanización deste parque empresarial implica un investimento de máis de 3,5 millóns de euros e contará con 58 parcelas industriais.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



