Lugo, 21 de maio de 2013.- Xunta, Deputación de Lugo e Fegamp asinaron hoxe o convenio de colaboración para o despregamento dos Grupos de emerxencia supramunicipais (GES) na provincia de Lugo, uns efectivos cos que se completa a redefinición do mapa de emerxencias galego, cubrindo a totalidade do territorio da provincia nunha distribución máis racional de recursos. O orzamento adicado para a posta en marcha dos GES en Lugo é de 4.725.000 euros, distribuídos en varias anualidades (2013, 2014 e 2015). Desta cantidade, a Xunta achega o 60%, a Deputación de Lugo o 20% -sendo a 1º vez que financia esta prestación- e os Concellos outro 20%.
Asinaron o convenio o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación lucense, José Ramón Gómez Besteiro, e o vicepresidente da Fegamp, Alfonso Villares. A continuación, iniciarase o proceso de selección de persoal por parte dos concellos sede, e a formación que dará a Agasp nos distintos parques de bombeiros comarcais da provincia de Lugo. O obxectivo é que os GES estean plenamente operativos este mesmo verán.
Os novos grupos de emerxencias estarán compostos na súa maioría por 12 efectivos, estarán situados estratexicamente en 8 localidades da provincia e contarán cunha estrutura máis profesionalizada e de carácter permanente. Ao ter carácter supramunicipal, estes grupos complementarán as redes de bombeiros, tanto municipais como comarcais, nunha malla de xestión das emerxencias ás que tamén hai que sumar Protección Civil.
O novo mapa de emerxencias quedará formado, deste xeito, por 7 grupos supramunicipais (A Fonsagrada, Guitiriz, Becerreá, A Pontenova, Quiroga/Folgoso, Monterroso e Cervo), seis parques comarcais de bombeiros –Viveiro, Barreiros, Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte de Lemos- e polo parque municipal da cidade de Lugo.
Cobertura supramunicipal
As sedes dos grupos de emerxencia darán servizo a varios municipios. Deste xeito, A Fonsagrada dará cobertura ás comarcas de A Fonsagrada e Meira; Guitiriz á Terra Chá;Becerreá á zona dos Ancares; Lugo e Sarria; A Pontenova á Mariña Central e Oriental; Quiroga e Folgoso á zona de Quiroga e Terra de Lemos; Monterroso ás zonas da Ulloa, Lugo e Chantada; e Cervo á Mariña Central e Occidental.
Finalmente, a rede de seguridade galega complementarase coas agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e co resto de corpos que colaboran nas emerxencias, como Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica, servizos sanitarios e demais efectivos, todos eles coordinados dende o 112.























Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



