Trátase de parellas interxeracionais que revivirán este clásico da televisión que se “emite” na Casa da Cultura este venres
Cervo, 22 de maio de 2013-O Concello de Cervo porá en marcha este venres (20:00 horas, Casa da Cultura) a terceira recreación do programa Un, dous, tres responda outra vez. Nesta ocasión o evento inclúese no programa “Maio dos avós” organizado como complemento ao Día do Xubilado e que contempla numerosas actividades, a maior parte delas dirixidas a que avós e netos compartan o seu tempo de lecer.
Neste caso os concursantes tamén serán parellas conformadas por avós e netos, que competirán nesta adaptación do clásico da televisión e optarán aos numerosos premios previstos que foron doados por establecementos e comercios locais.
Un concurso no que non faltarán todos os elementos que caracterizaban este espazo televisivo, como a presentadora, as azafatas, as Tacañonas, diversas probas, e os habituais espectáculos que traerán as pistas á parella de concursantes que consiga chegar á poxa final e que incluirán dende actuacións musicais, deportivas, de maxia e baile así como algunha sorpresa inesperada dalgún intruso que porá todo o seu empeño en interromper o transcurso do programa aínda que só conseguirá provocar risa.
Deste xeito, a actividade manterase na mesma liña que nas anteriores edicións, daquela incluídas no Outono Cultural e no programa de Nadal. Nesta ocasión a novidade é a participación de nenos e nenas xunto aos seus avós, de forma que esta actividade ábrese cada vez máis a distintos perfís de concursantes e de público.
“Nas anteriores edicións do Un, dous, tres foron varias as persoas que nos manifestaran o seu desexo de que puidesen participar os pequenos da casa” explica a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada. Por iso “decidimos que o Maio dos avós era unha moi boa ocasión para conxugar esa demanda dos cervenses coa nosa intención de homenaxear e facer protagonistas a xubilados e maiores” remata Armada.






















Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



