Lugo, 28 de maio 2013.- O presidente provincial de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, Daniel Vega, rexeita a actitude posta de manifesto esta mañá polo equipo de goberno da Deputación Provincial de Lugo, ao votar en contra dunha moción do Grupo Provincial do Partido Popular, que reivindica a colaboración do ente lucense cos mozos da provincia.
Daniel Vega tacha de “lamentable” que o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, lle dea as costas desta forma aos mozos que “reivindicamos a creación de postos de traballo e o fomento do emprego xuvenil e máis cando ten fondos para facelo”.
O mozo popular asegura que o voto en contra do equipo de goberno desacredita a un presidente que afirma que “creación de emprego é a prioridade número un da súa axenda”, mentres que a hora da verdade “fai oídos sordos as nosas peticións e alega non ter competencias, cando ten unha área na que se inclúe a xuventude e que carece de contido”.
En relación aos representantes socialista e nacionalista que manifestaron o posicionamento do seu grupo; Vega afirma que no salón de plenos da Deputación Provincial de Lugo, “atopámonos cun vicepresidente ao que non lle importan os mozos, sendo un exemplo de mala xestión e de despilfarro partidista”, mentres que cualificou ao voceiro socialista de “representante dun partido que deixou aos mozos na situación actual que estamos a vivir”.
O presidente provincial lamenta non “atopar na Deputación Provincial de Lugo a unha institución colaboración dos nosas demandas e reivindicamos de novo que a Deputación se implique e colabore coa xuventude, tal e como o está a facer o Goberno Central e a Xunta de Galicia”.
Daniel Vega solicita do goberno provincial “un respaldo aos mozos, que nos sentimos desamparados polo bipartito no ente lucense”, ao tempo que manifesta o seu agradecemento as políticas para o fomento do emprego postas de manifesto polo Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo.



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



