Este domingo o auditorio Hernán Naval acolle a compañía IL MAQUINARIO TEATRO cun thriller de Martin McDonagh: O home almofada. Martin McDonagh (1970) é un dramaturgo angloirlandés pertencente á xeración de autores coñecida polo apelativo de “In-your-Face” (“na túa cara”). O argumento sitúase nun país totalitario sen nome. Alí, unha escritora de macabros contos infantís, está sendo interrogada por unha parella de policías a causa da aparición na cidade dunha serie de cadáveres. Unha peza de alto contido social repleta de intriga e humor negro na que a fronteira entre verdade e mentira, entre realidade e ficción, acaban por se diluír como nun grotesco pesadelo. O elenco está formado por Melani Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez baixo a dirección de Tito Asorey a quen soemos ver en Ribadeo formando parte das funcións de Sarabela. A función terá lugar como é habitual ás 20.30 h e a entrada terá un prezo xeral de 4 € e reducida de 2 € para estudantes e persoas xubiladas ou paradas.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



