O Valadouro, 29 de maio de 2013.- O alcalde do Valadouro, Jose Manuel Lamela dixo hoxe que a portavoz de Udival, María José Fernández, minte cando se refire ao principio de acordo para gobernar en coalición que foi asinado en 2007 entre o PP e esta concelleira –daquela de Terra Galega-, pero que non entrou en vigor como consecuencia do paso ao grupo mixto dunha concelleira popular.
“NON É MOMENTO”
Lamela sinala que desde o PP non ocultan que se asinou este documento e que incluso parécelles ben que sexa público, pero quere deixar claro e contrasta que se trataba dun pacto “exclusivamente político” e que “non contiña, como o actual, ningún tipo de condicionante económico”. Di tamén que xa naquel momento se lle emprazou á María José Fernández, nunha conversa mantida co anterior alcalde e con el mesmo, “a relevar na alcaldía a Eulogio Fernández”, feito que María José Fernández declinou asegurando “que non era o momento”
Jose Manuel Lamela explicou que esta non sería a última vez que a hoxe edil de Udival renuncia a facerse coa alcaldía. Xa que cando o secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro, a animou a conversar e convencer a Ana Geada –a concelleira que pasou do PP ao grupo mixto- para que aceptase a María José Fernández como nova alcaldesa, “esta volveu a declinar este ofrecemento”.
O PACTO PSOE-UDIVAL SEGUE A ESTAR OCULTO
Lamela dixo que en todo caso o que lle importa aos veciños non é o acordo do PP de 2007, senón o contido do que se ten asinado agora e cuxo contido se está a ocultar, polo momento, na súa integridade. Os populares insisten en emprazar a Udival a que faga pública a totalidade do documento para demostrar que non hai outras contrapartidas da gravidade da que xa se coñece, a cláusula de 100.000 euros para, pase o que pase, condicionar a gobernabilidade do Valadouro.
QUE OFRECEU O PSOE EN 2007
Os populares tamén din que María José Fernández, que parece tan disposta a falar, tería que explicar que foi o que lle ofreceu o PSOE en 2007, porque tamén o oculta, probablemente porque é consciente de que os veciños castigarán a quen mercadea coa alcaldía do Valadouro.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



