A Peña Barcelonista San Miguel remata a tempada con dúas actividades. O vindeiro día 16 de xuño acudirá á Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas, que se vai celebrar en Ourense. O prezo para poder participar neste evento, incluíndo desprazamento, será de 45 € para socios e 55 € para non socios. Os interesados en participar deberán apuntarse antes do día 31 de maio. Por outro lado, a peña organiza unha cea de remate de temporada que será o sábado 8 de xuño no restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia, a partir das 22.00 h. O prezo para socios será de 10 € adultos e 5 € neno, e para non socios 25 € adultos e 12 € nenos. Finalmente e como vén sendo habitual nos derradeiros anos, a peña edita unha camiseta conmemorativa na que este ano fai referencia ó campionato de liga. Para máis información pódense dirixir ó teléfono 625 821 044.




















A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



