Esta segunda fase, con saída e chegada en Ferreira do Valadouro, tamén percorreu os concellos de Alfoz, Burela e Cervo
O Valadouro, 1 de xuño de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, foi o encargado de dar o pistoletazo de saída á segunda etapa da VI Volta Ciclista ás comarcas de Lugo, que tivo lugar na avenida Rosalía de Castro, en Ferreira do Valadouro.
Esta segunda etapa, de 109 quilómetros, con saída e chegada no Valadouro, tamén percorreu os concellos de Alfoz, Burela e Cervo, disputándose un sprint especial en San Cibrao.
Unha vez finalizada a carreira, procedeuse á entrega de premios na que participou o vicepresidente do ente provincial. Vicente García Mateos, do Gsport – Valencia Terra i Mar, proclamouse campión desta fase. Por outra banda, Juan Pérez Martín, do Gomur Cantabria Deporte, resultou líder na clasificación xeral por puntos, mentres que Miguel Gómez Crespo, do Supermercados Froiz, se converteu no líder provisional da Volta. O mellor ciclista galego foi Martín Lestido Rey, do equipo Supermercados Froiz.
A VI Volta ás Comarcas, na que participan 16 equipos de ámbito nacional, estatal e internacional, desenvólvese durante toda esta fin de semana en tres etapas distintas. Mañá, domingo 2 de xuño, disputarase a terceira e última fase que terá lugar na zona Sur, con saída e chegada no Incio.
A área de Deporte da Deputación de Lugo puxo en marcha hai xa seis anos a Volta Ciclista ás Comarcas Lucenses, unha proba que, a día de hoxe, logrou asentarse no panorama nacional do ciclismo e avanza un chanzo máis no conxunto de probas do Estado español, nunha época na que competicións deste tipo están claramente en recesión debido ao mal momento económico que atravesa o deporte en xeral e o ciclismo en particular.





















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
