CERVO, 7 DE XUÑO. Os socialistas non dan crédito ante as últimas novas sobre a recuperación do médico para o centro de saúde de Cervo, “van a substituír o médico de Cervo a costa de eliminar un facultativo do centro de San Cibrao”.
Ante esta medida, o Grupo Municipal Socialista vén de rexistrar unha solicitude co único fin de que “o señor alcalde, Alfonso Villares, non permita baixo ningún concepto esta decisión. Para que uns non perdan este servizo, non se lles ocorre outra brillante idea que sacárllelo ó resto. Preguntámonos qué trato é este cara os cervenses, que é ¿que segue habendo veciños de primeira e de segunda?”.
Neste senso, cren que como rexedor municipal “ten que responder por tódolos veciños igual, por todos e cada un deles, sen diferencia algunha entre parroquias. O único que vai conseguir é enfrontar ós veciños. Unha situación así sempre se debe evitar”.
Os socialistas subliñan que “o que sí parece unha realidade é que o Partido Popular ten prevista unha redución dos servizos sanitarios no noso concello, o que sí é unha realidade é que o concello vai ver mermada a calidade na atención médica e o que sí é unha realidade é que parece que nos queren facer pasar por tontos. Non imos consentir ningunha redución en materia de sanidade, temos todo o dereito a esixir que se manteñan os servizos tal e como estaban”.
Para rematar, lembran como hai uns días “puxemos sobre a mesa a nosa preocupación polo desmantelamento da sanidade na Mariña e no concello. Tanto o señor alcalde como o concelleiro e deputado do PP, José Manuel Balseiro, xuraban e perxuraban que non se ía perder ningún servizo. É unha auténtica pena ver como pasados varios días, o primeiro concello afectado polas políticas sanitarias da Xunta de Galicia é o seu”.
Insisten en que “ós membros do Partido Popular non lles tembla o pulso para seguir mentíndonos a cara día tras día, facéndonos crer todo o contrario do que teñen previsto, o total desmantelamento da sanidade pública, un servizo tan importante, que tanto nos costou conseguir e que nos queren arrebatar dun plumazo. Señores do PP, non o imos tolerar, porque non somos cidadáns de segunda”.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



