A asociación Mulleres de San Ciprián, que preside Amparo Pernas, presentou hoxe o cartel da actividade “Lembrando tempos no río” que organiza a entidade coa colaboración do Concello de Cervo e Alcoa. Un acto ao que acudiron a presidenta da asociación e varias socias así como o alcalde de Cervo, Alfonso Villares. Mulleres de San Ciprián traballa xa nos últimos detalles deste evento, que terá lugar o día 15 de xuño e consistirá en revivir a tradición de ir lavar a roupa ás beiras do río Covo. Unha práctica moi habitual hai unhas décadas e que pretende ser un pretexto para reunir á veciñanza cervense nun acto de convivencia, lecer e recordo.
Unha actividade a través da cal as persoas asistentes poderán recrear o ambiente típico que se vivía durante todo o proceso, dende que as mulleres se reunían para ir lavar ata que volvían para a vila. Para iso, xuntaranse ás 17:00 horas na prazoleta (fronte á Casa da Cultura), que será o punto de encontro. A partir dese momento a comitiva, ataviada con utensilios propios desa tarefa, sairá camiñando e cantando cancións tradicionais en dirección á área recreativa situada ao carón da ponte medieval, onde compartirán unha merenda. “Eliximos esa zona porque era precisamente dende o muíño ata a ponte onde as mulleres se achegaban a lavar a roupa” explica Pernas.
Despois da merenda, os participantes poderán rematar a festa na praza dos Campos, onde os gaiteiros de San Ciprián amenizarán a xornada. Un día co que a asociación pretende “recoñecer e poñer en valor o duro traballo que realizaban as mulleres naquela época” engade a presidenta da entidade. Unha actividade que estaba prevista para o mes de maio pero que a asociación tivo que aprazar.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



