A UNED-Aula Universitaria de Foz realizará unha semana de “Xornada de Portas Abertas” dende o 17 ó 21 de xuño, en horario de 09:00 a 13:30, para que toda persoa interesada poda coñecer as instalacións da súa Aula e o seu funcionamento, así como mostrar a Universidade, baseada no desenvolvemento tecnolóxico e o servicio á sociedade. Durante estas xornadas darase información relativa a estudos oficiais, acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos, formación permanente, admisión e matrícula, cómo se estuda na UNED, becas e axudas… Baixo o lema ‘Elegir te será + FÁCIL’ pretenden abrir un abanico de posibilidades para que todo omundo poida coñecernos e saber que non fai falta desprazarse para poder ir á Universidade, xa que poden realizalo dende a Aula Universitaria de Foz.























A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



