A sexta feira Fademur pechou onte as súas portas acadando novamente o éxito adoitado en pasadas edicións. Esta feira, organizada pola Federación de Asociacións de Mulleres do Rural (Fademur) en colaboración coa Deputación de Lugo, e nacida para dar a coñecer o traballo de mulleres que apostan por planificar negocios no rural, reuniu nesta ocasión a 22 emprendedoras, que acadaron un volume de negocio de 12.000 euros, beneficios moi destacados, tendo en conta que os produtos á venda tiñan prezos que oscilaban entre os 5 e os 10 euros.
Hai que destacar tamén a importante afluencia de público, cunha media de 500 visitas diarias durante os once días que permaneceu aberta. Segundo as propias participantes, gran parte do éxito debeuse ó cambio de escenario, xa que por vez primeira os stands de venda instaláronse nunha carpa situada na praza de San Marcos, espazo moi transitado por lucenses e visitantes. Nestes stands, 6 emprendedoras de Lugo; 2 de Ourense; 4 da Coruña; 1 de Pontevedra; 4 da Rioxa; 2 de Cantabria e 1 de Castela León, puxeron á venda variados produtos de xoiería, cestaría, téxtil, decoración, coiro, olería ou alimentación (dulces, queixos, viño e castañas e derivados).
A feira Fademur contou este ano cunha completa programación de actividades paralelas, organizadas para dar a coñecer máis polo miúdo o traballo destas e doutras mulleres que viven e traballan no rural. Degustacións gastronómicas, demostracións en vivo, exposicións fotográficas sobre os procesos de creación e elaboración dos produtos presentes, así coma obradoiros nos que se abordaron temas coma o dos novos canais de comercialización – as plataformas de comercio electrónico entre eles-, foron igualmente existosas entre os visitantes e as participantes nesta feira.
Estes datos amosan a importancia de contar con iniciativas coma Fademur, que contribúen á promoción dos produtos autóctonos de calidade e a artesanía da provincia así coma do traballo destas mulleres en prol da dignificación do rural, que contribúen así a frear o despoboamento e fan do campo un entorno que ofrece innumerables oportunidades de crecemento económico.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



