Ribadeo, 11 de xuño de 2013. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, viaxou a Madrid onde recolleu as Q de calidade turística que o ICTE lles concedeu ás praias de As Catedrais e Os Castros-Illas e a bandeira verde coma concello responsable que recibe tamén, un ano máis, Ribadeo. O edil nacionalista amósase satisfeito pola consecución destes galardóns.
Cupeiro sinalou que “un ano máis as praias de As Catedrais e Os Catros-Illas contan con este galardón que é a Q de calidade turística. Estes areais foron avaliados polo ICTE (Instituto de Calidade Turística Española). Estes recoñecementos acaba de entregalos no Ministerio de Industria, Comercio e Turismo o seu titular, José Manuel Soria”.
Tamén recibiu a Q de calidade turística o Real Club Náutico de Ribadeo.
O concelleiro de Medio Ambiente engadiu que “tamén se nos entregou outro galardón neste caso no Ministerio de Sanidade e Consumo, que son bandeiras verdes aos municipios responsables co medio ambiente. Recibímola en tres conceptos: residuos, limpeza viaria, parques e xardíns; compromiso ambiental e tamén educación ambiental. Desde o goberno local o que queremos é dar a noraboa aos veciños por este galardón e animalos a continuar pola senda desta mellora continua que levamos adiante desde Ribadeo”.




















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



