Cervo, 11 de xuño de 2013-A Concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe José Ramón Soto, informa de que a veciñanza xa pode solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán na noite do 23 ao 24 de xuño. Para iso deberán cubrir o modelo de solicitude do que dispoñen na Casa do Concello de Cervo ou na Casa da Cultura de San Ciprián, indicando o nome do solicitante, é dicir, da persoa que se fará responsable desa cacharela e que debe ser maior de idade, un teléfono de contacto e o lugar da fogueira o más exacto posible.
Un trámite que é necesario facer, segundo explica Soto, xa que “permite ter un control de todos os puntos nos que se realizarán fogueiras na noite de San Xoán co obxectivo final de velar pola seguridade da cidadanía e poder dar unha atención máis eficaz en caso dalgún incidente”.
Tamén co fin de evitar riscos, o Concello fai públicas unha serie de recomendacións que se deben seguir estritamente por precaución e seguridade. Así, as luminarias deben facerse sempre a máis de 15 metros de distancia de vehículos e fachadas e nunca debaixo de liñas eléctricas. Nunca se deberán utilizar sustancias inflamables para prender o lume nin tampouco se poden botar papeis ou tecidos con pouco peso, xa que o aire pode levantalos e facer que inicien un lume incontrolado noutro punto.
Tampouco se deben botar pneumáticos, plásticos e outros elementos altamente contaminantes. E por suposto, é moi importante asegurarse unha vez rematada a festa de que o lume está completamente apagado. Seguridade Cidadá tamén lembra que ante calquera incidente hai que chamar ao 112, o teléfono de emerxencias.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



