Burela, 12 de xuño de 2013. Cubertas a metade das prazas da Escola de Minitalentos da Academia A Mariña. A matrícula seguirá aberta ata o 30 de xuño.
A directora deste proxecto, Raquel Hermida, explica que “Academia A Mariña dende que iniciou a súa andadura durante os meses de verán dedicouse a impartir clases de reforzo de diversas asignaturas: mecanografía, informática, inglés, entre outras; pero non sempre cun horario demasiado continuado. Os pais pedíronnos que organizásemos as actividades de forma que eles puidesen conciliar a vida familiar coa laboral”. E engade que “a Escola de Minitalentos tamén xurde como unha necesidade de potenciar o talento infantil, xa que dende pequeniños nos apuntan a clases particulares para reforzar as asignaturas nas que vamos peor e olvídanse de anotarnos en algo que se nos da ben e que poden servir para desenvolver e potenciar esas capacidades internas que axudan ó crecemento infantil. Por exemplo, se se che dan ben as matemáticas apuntarte a exercicios de lóxica, o debuxo a clases de carboncillo ou óleo, no caso da música a guitarra, percusión ou piano”.
Raquel Hermida destaca que “o que queremos con esta escola é potenciar sobre todo a creatividade, a imaxinación e o talento infantil”.
A Escola de Minitalentos da Academia A Mariña está dirixida a nenas e nenos de 3 a 13 anos, que estarán divididos en grupos: un de 3 a 7 anos e outro de 8 a 13 anos. O equipo docente está composto por cinco profesionais, entre eles, unha pedagoga, unha filóloga, unha profesora de primaria, un técnico en educación infantil e unha animadora sociocultural, que xa desenvolveron unha programación semanal, podendo anotar ós nenos por semanas. O horario será de 9 a 14 horas, “sempre adaptándonos ás necesidades das familias”. A directora indica que “de 9 a 10:30 da mañana faríamos actividades de reforzo: matemáticas, inglés… De 10:30 a 11:30 será un tempo para dedicarlles ás novas tecnoloxías. Logo realizaremos un descanso no patio cerrado onde potenciaríamos os xogos tradicionais de sempre: corro, corda, goma, brilé, todo o que facíamos antes. E xa de 12 a 14 horas traballaríamos cos programas de intelixencia comunicativa, emocional, musicalidade e expresión corporal”.
Todos os pais que precisen máis información sobre a Escola de Minitalentos da Academia A Mariña poden solicitala chamando por teléfono ó 982 58 25 08 oo enviando un correo electrónico a raquel@amarina.org.





















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



