A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove xunto co Club Rítmica Violeta e o Filigrana Club Gimnasia Rítmica organizan o CAMPUS GIMNASIA RÍTMICA XOVE 2103, que conta coa colaboración do Concello de Xove. O mesmo vaise desenvolver no noso Concello dende o 22 ao 26 de xullo, ámbolos dous días incluídos.
Para participación neste Campus haberá que confirmar a asistencia antes do 1 de xullo, tendo que presentar, xunto coa solicitude de inscrición, a seguinte documentación: fotocopia do DNI ou libro de familia e fotocopia da tarxeta sanitaria.
A reserva de praza pode facerse nos seguintes teléfonos:
-Ana Iglesias: 675 15 47 04
-Cristina Iglesias: 699 32 82 27
-Paula Iglesias: 687 17 76 86
Xa no que é o propio Campus, dentro das actividades que se van a desenvolver no mesmo, temos: técnica corporal e de aparatos, danza contemporánea máis expresión corporal, ballet e Pilates aplicado á rítmica, obradoiros de maquillaxe, perruquería, etc.
O profesorado vai estar formado, por:
– Ana Iglesias, Técnico superior de ximnasia rítmica.
– Pula Iglesias, Adestradora Rexional de ximnasia rítmica e Monitora de Pilates.
– Yaiza Vilela, Técnico Superior en actividades físicas e deportivas.
– Cristina Iglesias, Licenciada en INEF e xuíz de ximnasia rítmica.
– José Ángel Casás, Técnico en técnicas de coreografía e interpretación para danza clásica e contemporánea.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
