Os nenos e nenas dos colexios de San Miguel e San Cosme, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, disfrutaron hoxe no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro dun espectáculo de maxia-clown, que lles fixo pasar unha mañá moi agradable e diferente. O acto estivo organizado pola Concellería de Cultura e a OMIX e contou coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
![Fin de curso con maxia-clown en Barreiros](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2013/06/maxia-barreiros.jpg)