BURELA .- O PP de Burela afirma que persoas que tiñan asignado o Centro de Saúde de Burela e Sanidade lles asignou outro centro, en outro concello, presentaron denuncia no cuartel da Garda Civil “pois os cambios de centro de saúde que se fixaban son ilegais”. Os populares cualifican de “incompetente” o Director Xeral de Aseguramento e non descartan que cambios similares pasen en outros concellos.
Nota de Prensa
O PP asegura que Sanidade non comunicou os erros ás persoas afectadas polo cambio de centro de saúde.
Considera que o Director Xeral de Aseguramento é un incompetente.
Os populares afirman que os cambios de centro de saúde que se fixaban son ilegais.
O Partido Popular de Burela asegurou hoxe mediante unha nota de prensa, en relación co cambio de asegurados adscritos ó Centro de Saúde de Burela a outros concellos, que a Consellería de Sanidade non comunicou o “erro informático” ás persoas que foron cambiadas de concello, o que ratifica o desprecio que a Xunta do PSOE e BNG teñen hacia os cidadáns, porque o menos que podería facer o Director Xeral de Aseguramento, Germán González Pazó, debería ser remitirlles ós interesados unha carta, asinada por el, pedindo disculpas.
O PP de Burela asegura que a indignación de algúns afectados quedou traducida na correspondente denuncia ante a Garda Civil, porque é evidente que o cambio de centro de saúde é absolutamente ilegal. Polo tanto, os populares consideran que este asunto é o suficientemente grave como para trasladalo ó grupo parlamentario popular, para que se formulen en sede parlamentaria as iniciativas que procedan.
Para os populares de Burela, a incompetencia do Director Xeral é absoluta, e ademais fainos sospeitar que esto pode estar producíndose, ou se pode producir, noutros concellos, sen saber exactamente por que motivos.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



