O alcalde de Mondoñedo, Orlando González, ten que asumir as súas responsabilidades que pasan por gobernar o Concello, velando polos intereses dos veciños, atendendo as súas demandas e traballando para darlles unha resposta frutífera.
Nos últimos catro meses, os populares descubrimos que o nacionalista, xunto co seu equipo de goberno, cometeron catro actuacións irregulares que nos vimos obrigados a denunciar, ao tratarse de feitos que conlevan procesos sancionadores, dos cales dous xa están confirmados. E máis, o propio alcalde e o seu equipo chegaron inclusive a recoñecer algunha destas irresponsabilidades en pleno.
Orlando González é o responsable directo de que os mindonienses paguen sancións da Axencia Tributaria por non ingresar as retencións a conta do IRPF das nóminas dos traballadores durante o exercicio 2010 ou da Xefatura Provincial de Tráfico por circular cun vehículo cuxos neumáticos non presentan debuxo nas ranuras principais da banda de rodamento.
Esta última, se cabe, é máis sorprendente, ao existir unha factura previa á sanción en concepto de subministro de rodas por importe de 4.700 euros, que os populares criticamos por corresponder a un taller de fóra da localidade, sen pedir previamente orzamento nos negocios municipais. Trátase dun exemplo máis da falta de implicación e compromiso de Orlando González coa economía de Mondoñedo e polo que tampouco pediron desculpas nin dende o PSOE, nin dende o BNG locais.
A maiores, o seu descontrol do goberno está a provocar que as obras do Vilar non conten coa correspondente autorización urbanística, ao igual que o Centro da Interpretación da Cova do Rei Cintolo, que non ten a oportuna autorización autonómica, a pesar de que as obras xa están comezadas.
Mentres estamos a tentar cumprir coa nosa labor fiscalizadora do goberno, os populares, dende o lugar que ocupamos, estamos a traballar para lograr a posición que Mondoñedo tivo. Estanse a fomentar actividades e proxectos, en colaboración cos hostaleiros e comerciantes locais para avivar a economía municipal a través do turismo. E abrimos as mans para un traballo conxunto co bipartito local, co único obxecto de unificar forzas e recursos nun fin común: a dinamización de Mondoñedo.
Por iso, ao igual que o estamos a tentar facer nosoutros dende o posto que temos, esixímoslle a Orlando González que goberne e que solucione os problemas do presente, que son a súa responsabilidade, sen escudarse no pasado.
Os erros do pasado nunca son a desculpa de accións futuras irregulares. Ao contrario. Estes erros anteriores –de existir- deben servir para aprender e non volvelos a cometer. Así, perder o tempo en actuacións do pasado non escusa de dar explicacións e asumir as responsabilidades do presente.
Por iso, pedímoslle a Orlando González que materialice o seu proxecto, se o ten, e que goberne.
Elena Candia, voceira do PP local de Mondoñedo




















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



