Os cadetes do C.D. Foz, non puideron acadar o tan desexado ascenso a Liga Galega fronte ó Betanzos que no cómputo da eliminatoria foi superior. Os betanceiros gañaran por 2-1 en terras coruñesas gañaran por 2-1, mentres que onte no Municipal conseguiron o empate a un gol.
O partido en Foz comezou da peor forma posible para os locais que pagaron caro un erro defensivo co gol dos visitantes nos tres primeiros minutos de partido votando ó traste unha das premisas do partido que pasaba por non encaixar ningún gol.
Aínda así os rapaces repuxéronse e sete minutos máis tarde acadaron o empate nun xogada moi ben trenzada da dianteira focega con remate de Iván ó fondo da rede. Nese momento, o público do Municipal alentaba ós xogadores de Oke, pero o partido discorreu con nulas posibilidades ata o descanso.
Facía falta un gol para igualar a eliminatoria, pero o Betanzos moi ben colocado no terreo de xogo, e cun moi bo equipo, facía inútil os arreóns dos focegos. Un toma e daca con poucas opcións de gol. Xa nos intres finais o equipo votouse para diante con máis corazón que cabeza non podendo acadar ese gol que igualara a eliminatoria e disputala nos penaltis.
O encontro remataba coa desolacións dos rapaces que non disimulaban a súa tristura por non acadar o obxectivo marcado ó comezo da liga. Aínda así, trátase dun equipo que permitiu compartir moitas alegrías entre as categorías máis pequenas do club que de seguro continuarán; posiblemente, na próxima tempada cando este equipo loite pola liga provincial, e tamén intente de novo o ascenso de categoría.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
