O Goberno Provincial, composto por PSOE e BNG, aprobaron no Pleno deste martes una moción do grupo socialista para instar á Xunta de Galicia a manter as prestacións para a adquisición de material ortoprotésico malia o voto en contra do PP. O Deputado de Cooperación cos Concellos, Álvaro Santos, salientou que, segundo datos da receitas rexistradas en Lugo, “na provincia existen polo menos 6.000 persoas que requiren deste material sanitario para o benestar e calidade das súas vidas, ós que ó Goberno galego lles obriga agora a pagar por adiantado e de xeito integro ata 1 millón de euros”. Por exemplo, subliñou o Deputado dando conta dos prezos que figuran no catálogo da Consellería de Sanidade, hai que aboar 4.199 euros por unha próteses para unha man ou 5.060 euros para a dunha perna.
Santos Ramos remarcou que “co modelo de Feijóo, o que ata o momento eran prestacións públicas que se garantían, ó figurar no Orzamento da Xunta, convértense agora en subvencións que, pola contra, só se concederán se existen cantidades presupostarias. Pero é máis, aínda que esta nova norma entrou en vigor o pasado 15 de xuño, ningún dos 22 establecementos lucenses que prestan este material teñen asinado nada co SERGAS para cubrir gastos algún ós usuarios. No caso de facelo, os cidadáns nunca recuperarán o 100% do anticipo porque os prezos que recolle o catálogo da Xunta son moi inferiores ós do mercado. En definitiva, están a desmantelar a sanidade pública e a obrigar ós enfermos a poñer máis do seu peto se queren atención”.
O Deputado popular Fernando Pensado xustificou a negativa do seu grupo, asegurando que “eu como e vino da Sanidade, e créanme que non se parece en nada ó que din. Fagan o Camiño de Santiago e pregunten ós peregrinos xa verán que lle din sobre o noso modelo sanitario. O sistema anterior era insostible, un saco sen fondo, por iso son necesarias reformas coma este novo sistema de copago”. Ó respecto, o voceiro do BNG, Mario Outeiro, replicou que “non creo que os peregrinos necesiten próteses para coñecer o que está a ocorrer ó respecto na nosa Comunidade. Vostedes fan crer ós cidadáns, facéndoos sumisos, que empregamos mal sanidade pública, que vamos ós centros de saúde a pasar o tempo ou que enchemos as navetas de menciñas para recadar. Para iso están os impostos. A sanidade debe ser pública, gratuíta e universal. O PP está a converter a saúde nun privilexio e non nun dereito, impoñendo medidas que sempre afectan ós máis desfavorecidos. Pregunten nas farmacias cal foi o resultado do repago das menciñas: cidadáns que non as recollen porque non as poden pagalas”.
“Non pararemos ata que nos devolvan o diñeiro”
PSOE e BNG sacaron adiante a moción conxunta que presentaron ó Pleno para esixir ós Gobernos do PP medidas que garantan ós aforradores lucenses que foron estafados coas preferentes recuperar ó 100% dos seus cartos. O Partido Popular apoio a proposta do Goberno Provincial ó que o público participante na sesión, afectados por esta estafa, salientou “non pararemos ata que nos devolvan o diñeiro”. En Lugo, segundo indicou Mario Outeiro, hai 40.000 persoas, con aforros en Novagalicia Banco, nesta situación.
“O único pacto oculto é o do señor Barreiro”
O Pleno votou en contra da moción do Partido Popular para rexeitar a moción de censura no Valadouro. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, subliñou que “desaproveitan a oportunidade de traer a esta sesión unha proposta en beneficio desta provincia porque teñen o orgullo ferido por abandonar a alcaldía no Valadouro tras 25 anos. Unha cousa son as mocións de censura, aprobadas de xeito democrático como neste caso, e outra o que fixeron vostedes nas eleccións municipais do 2011, tentando comprar a concelleiros doutros partidos para obter maioría absolutas”. Martínez mostrou á sesión a proposta económica que o Presidente do PP en Lugo fixo nos pasados comicios a un concelleiro doutro grupo para sumarse ás filas populares, púxose de pé e rachouna mentres subliñou “o único pacto oculto é do señor Barreiro”.
Auditoría sobre o Breogán
Tampouco se aprobou a proposta dos populares para que a Deputación presente un plan de viabilidade que garanta o futuro do Breogán porque, tal e como adiantou Martínez, “a institución xa está a contratar una auditoría independente que nos permita coñecer, exactamente, o valor patrimonial do Breogán, o estado da súas contas, así como o custe das accións do organismo provincial. Os cidadáns de Lugo poden estar tranquilos porque calquera decisión que tome esta Deputación sobre o Breogán sempre se axustará á legalidade e sempre se tomará tras coñecer, con exactitude, a situación actual do club. É momento de deixar traballar ós técnicos para facer as cousas ben. Pido tranquilidade e responsabilidade, señora Candia, ante interesadas informacións”. Martínez lembrou que, non obstante, a vontade da Deputación é, a medio ou largo prazo, deixar o accionariado de calquer club porque “esta non debe ser a prioridade de ningunha institución pública. Seguiremos colaborando con todos os clubs da provincia mediante o Plan de Estratéxico de Subvencións”.
Touros
Da mesma forma, rexeitouse a moción do BNG para que a Deputación se declarase contraria e traballe en prol da prohibición de festexos taurinos. O voceiro socialista xustificou a negativa do seu grupo, asegurando que “non somos partidarios de prohibir. Isto é unha cuestión de conciencia persoal e nós respectamos a liberdade de cada persoa para decidir se acude ou non a unha corrida de touros. Nesta caso, o PSOE segue a política de Feijóo de: para Lugo nin un só euro, polo que, para os touros, nin un só euro público”. Pola súa banda, o Partido Popular, en voz de Fernando Pensado, amosouse a favor da celebración das corridas de touros porque “son parte do noso folclore. Como fillo dun labrador pódolle dicir que ese animal non sofre”.
Preguntas e moción urxente
No punto de rogos e preguntas, ante a vulneración do Regulamento da Deputación por parte do Partido Popular, presentando de xeito excesivo preguntas ás que, ademais, ten resposta na documentación oficial da institución ó seu acceso, como os restantes grupos da Corporación Provincial, o Presidente viuse no obriga de axustarse ó Regulamento, ofrecendo ó PP a posibilidade de escoller as preguntas sobre as quería resposta na sesión de hoxe. Foron tres, logo de renunciar a outras dúas. Ás restantes daráselles resposta, tal e como dicta o Regulamento Provincial, en próximas sesións plenarias.
Por último, rexeitouse o caracter de urxencia dunha moción do PP, que fixese imprescindible o seu debate no Pleno deste martes, pospoñéndoo para o Pleno de xullo. Trátase dunha proposta, que hoxe mesmo presentaron os populares, para aprobar medidas que abaraten o solo industrial nos polígonos da Deputación. Gómez Besteiro tivo que explicar á voceira popular, Elena Candia, que xa hai máis de dous anos o organismo provincial puxo en marcha mecanismos neste senso, facendo que as áreas industriais da institución sexan un 67% máis baratas que as da Xunta, e situando o prezo medio do metro cadrado nos 35 euros. O Presidente replicou a Candia que “imaxinaba que os seus compañeiros na Xunta a informarían sobre o aprobado hai máis de dous anos xa que, tamén por aquel entón, lle esixíamos á Xunta que fixese o mesmo nas Gándaras para que non fose un polígono baleiro, tal e como aconteceu. Pero tiveron que pasar anos para que o Goberno galego nos fixese caso”.




















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



