O restaurante San Miguel, de Ribadeo, situado xunto á ría e o porto deportivo, abre mañá, sábado 29 de xuño a súa tasca con terraza de verán na que se ofrecerán mariscadas, arroz negro con calamares da ría, arroz caldoso con bogavante e nécoras, así coma gran variedade de racións: raxo, segredo de porco ibérico, entrecot de boi, sardiñas á prancha, salpicón de centola e boi de mar, chipiróns, croquetas de xamón ibérico, navallas á prancha, ameixas á tixola, polbo á feira, etc. E, no comedor principal, estréase a nova carta de temporada cos mellores mariscos, pescados e carnes da zona elaborados en diferentes preparacións e cunha ampla variedade de sobremesas caseiras, bodega de viños e licores. O xerente e cociñeiro do restaurante San Miguel, José Ramón Rodríguez, agarda que “o bo tempo comece a acompañarnos por fin este verán para que os nosos clientes podan disfrutar da terraza”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



