Os productos da gama gourmet de Torre de Núñez están xa á venda on line a través da web da compañía http://www.torredenunez.com/tienda/. Con este paso, a empresa lucense amplía a súa presencia en Internet para continuar co seu crecemento. A través da web véndense desde agora únicamente os productos de altísima calida de Torre de Núñez, envasados á man e en formato Premium coma o lombo, salchichón, chourizón e xamón, que se venden por unidades ou en lotes. A nova tenda on line de Torre de Nuñez distribúe a súa mercancía no territorio peninsular, Baleares e Canarias e pretende con iso facilitar o acceso ós seus productos premium ós clientes que non teñen un establecemento preto que os oferte.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



